Outra fotografía:

Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo, dolmen, pedrafita...),
Concello: Ancares (comarca) / Navia de Suarna
Parroquia: Cabanela
Lugar: Alto do Restelo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Neolítico,
Descrición:

A 966 metros de altitude sobre o nivel do mar.
A necrópole, formada por cinco mámoas, sitúase na confluenza das estradas de Baleira, Becerreá, A Fonsagrada e Navia de Suarna. Segundo as miñas estimacións, tres están no municipio de Baleira e as outras dúas no de Navia de Suarna, na parroquia de Cabanela. Son destas últimas das que achego os datos.
O primeiro enterramento está formado por unha mámoa duns 40 metros de diámetro que agocha no seu interior unha grande anta poligonal composta por sete esteos na cámara (un deles foi desprazado e atópase no centro desta) e outros catro, cortados e situados a ambos os lados da entrada, que formarían parte dun corredor pouco desenvolvido. Non se conserva a tampa cobertora. Situado nun lugar cuberto de fentos, arbustos e árbores (piñeiros plantados sobre o túmulo), o estado de conservación é lamentable.
O outro enterramento, ubicado non moi lonxe do anterior, trátase dun túmulo duns 30 metros de diámetro con cráter de violación. A simple vista semella que carece de cámara funeraria. Debaixo da matogueira que a cubre aprécianse varias pedras que poderían formar parte da coiraza. Na última repoboación forestal plantáronse piñeiros sobre a mámoa.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://arqueoancares.blogspot.com.es/2012/01/mamoas-e-castros-do-concello-de-navia.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Non
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.98531786916934
Lonxitude: -7.093992233276367
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84