
Outra fotografía:
Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo, dolmen, pedrafita...),
Concello: Ancares (comarca) / Navia de Suarna
Parroquia: Cabanela
Lugar: Ferreirúas
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Neolítico,
Descrición:
É o enterramento máis espectacular da necrópole da Campa das Penas, situada á man dereita da estrada que vai dende o Alto do Restelo á Tumbeadoira. Dada a coñecer por Enrique López Fernández no seu “Megalitos y mámoas en el Ayuntamiento de Fonsagrada”, publicado no Boletín do Museo Provincial de Lugo no ano 1992, traballo que foi presentado e lido en Ourense no ano 1986, durante a celebración dos actos que tiveron lugar no decurso dunha homenaxe a Florentino López Cuevillas con motivo do centenario do seu nacemento. Logo de visitala, a descrición coincide ao cen por cen coa de López Fernández: “O enterramento, soterrado no túmulo, presenta cámara poligonal, composta por sete ortostatos de pizarra e cuarcita, o maior cunhas medidas de 1,50 metros e pouco menos os restantes; ao seu carón, un pouco removida, está a tampa de pizarra, que mide 1,90 x 1,30 metros. A cámara mide de N a S na base 1,50 m, e 0,90 no alto; de L a O , na base, 1,60 x 1,30 metros arriba, se ben a medida pode ser errónea por estaren roto o ortostato. Dá a impresión de posuír entrada (corredor?) polo SL”. O túmulo pasa dos trinta metros de diámetro”.
Fotogrametría:
Propiedade: Comunal
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Enrique López Fernández: “Megalitos y mámoas en el Ayntamiento de Fonsagrada” (1992)
http://arqueoancares.blogspot.com.es/2012/01/mamoas-e-castros-do-concello-de-navia.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: NonEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.99197299339695Lonxitude: -7.087383270263672
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Xabier Moure says:
Xuñ 3, 2016
Agresión á Anta de Ferreirúas.
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/lugo/a-fonsagrada/2016/06/02/rompen-tapa-dolmen-usan-basurero-mamoa-navia/0003_201606L3C9992.htm