Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Ancares (comarca) / Becerreá
Parroquia: Cadoalla
Lugar: Saa
Outra denominación do ben: Mosteiro do Ecce-Homo
Cronoloxía: Época Baixomedieval, Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Trátase dunha igrexa de amplas dimensións, coñecida tamén como Mosteiro do Ecce Homo. Presenta unha nave principal cuberta a dúas augas con tellado de lousa. A capela do testeiro, con bóveda de canón, actúa como contraforte da cúpula da nave central. Tres fortes piares, con arcos de medio punto, separan esta nave da lateral (que conserva vestixios de capiteis románicos) servindo ao mesmo tempo de apoio do teito.Consta de tres accesos, dous baixo a torre e outro nun lateral con porta alintelada sobre a que hai unha fornela e unha ventá rectangular. Preside o frontis unha robusta e esbelta torre apoiada sobre catro piares con arcos de medio punto que protexen o acceso ao templo; no segundo corpo da torre ábrese un van e unha seteira. Na cúpula apoia sobre catro arcos e pendentes, coroada por unha lanterna con oito ocos. No corpo superior hai catro vans e está coroado por unha cúpula.
No interior pódese ver unha imaxe do Ecce-Homo sobre unha peana, un retábulo barroco coas imaxes de San Roque, Santa Apolonia e San Xosé, e na capela lateral, un altar de pedra e as imaxes da Virxe do Carme, San Xoán e San Xosé, todas do século XVII.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
De afamada romaría, coñecida coma O Santo, os días 14 e 15 de setembro en honra do Ecce-Homo. O culto ao santo vén do ano 1727 cando o cura, don Xosé Valcárcel Quiroga, mercou a imaxe, pagando a metade en cartos e a outra metade en misas. En tempos, os veciños acodían á igrexa con trigo ou centeo que logo era vendido para mantemento do santuario; deste cartos, o párroco recibía unha parte. Ao santo acódese para pedir un favor ou para agradecerlle un xa conseguido. Como protección, adoitábase arrincar unha estela da porta do templo e gardala na casa. O cura impón a imaxe do santo por riba da cabeza do devoto á vez que pronuncia unha xaculatoria.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://arqueoloxiadosancares.blogspot.com.es/2011/01/lendas-ritos-e-tradicions-da-comarca.html
PXOM do concello de Becerreá
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.86291429103106Lonxitude: -7.16282844543457
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
meiga says:
Xan 19, 2013
Outra aportación bibliográfica:
BLANCO PRADO, J. M. “Breve análise sobre a igrexa do S. Pedro de Cadoalla (Becerreá-Lugo)”, Boletín do Museo Provincial de Lugo, pp. 179-198.