Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Ancares (comarca) / Becerreá
Parroquia: Tortes
Lugar: Eixibrón
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Trátase dunha igrexa con planta de cruz latina construída en cachotaría de lousa, agás nos esquinais que son de cantaría. O cemiterio distribúese ao seu redor. Ten unha nave cuberta a dúas augas con tellado de lousa sobre armadura de madeira con catro vigas tirantes. Tanto a nave coma o presbiterio presentan bóvedas de canón. As capelas laterais están máis elevadas ca nave. O frontis está formado por unha rexa torre cadrada de dous corpos, o inferior fai de pórtico e o superior é o campanario cunha seteira en cada lateral.
Do Vía Crucis que había só se conservan dúas cruces enteiras é unha partida, feitas de pedra, situadas no adro que pecha a igrexa.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://arqueoloxiadosancares.blogspot.com.es/2011/01/toponimia-do-concello-de-becerrea_23.html
PXOM do concello de Becerreá
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.8329576Lonxitude: -7.1820567
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
3 comentarios
XOEL says:
Xuñ 12, 2016
SON UN VECIÑO DE EIXIBRÓN E GUSTARIAME QUE SOUBESEN QUE AÍNDA QUE FIXERAN A CHAPUZA POR FÓRA, NO INTERIOR DA IGREXA HAI MOITO QUE FACER. XA É HORA DE QUE SE RESTAUREN AS PINTURAS DA CAPELA E OS RETABLOS.
Xabier Moure says:
Xuñ 12, 2016
Boas. Intentaremos vela e despois solicitar a restauración. O problema é que a nova Lei do Patrimonio Cultural deixa en mans da Igrexa a decisión.
Xabier Moure says:
Xuñ 12, 2016
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/lugo/becerrea/2016/03/16/denuncian-ante-patrimonio-reforma-chapuza-iglesia-tortes/0003_201603L16C7992.htm