Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Ancares (comarca) / Cervantes
Parroquia: Vilasante
Lugar: O Fabal
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

A 628 metros de altitude sobre o nivel do mar. Na aldea do Fabal, no lugar coñecido como a Reboleira de Pena Tallada e Santa Catarina, na parroquia de Vilasante.
A arboreda, e a por veces impenetrable vexetación, fai moi difícil acceder ao xacemento. O castro, con restos da muralla e un foxo, foi cristianizado coa construción dunha capela posta baixo a advocación de Santa Catarina. A imaxe foi trasladada á capela do Pazo do Fabal no ano 1726, ao seren derrubada a primitiva ermida.
O nome de Pena Tallada dállo unha enorme peneda que hai nas inmediacións, cunha fenda de máis de 15 metros de altura.
Para subir ao castro dende O Fabal hai que cruzar o fermoso río das Casas por unhas pontellas de madeira. Xunto a segunda pontella podemos admirar un impoñente muíño, en pésimo estado de conservación, e logo seguir o costento camiño que, logo duns 400 metros de percorrido, nos leva ata o cume.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://arqueoancares.blogspot.com.es/2011/01/castros-do-concello-de-cervantes.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.82225788760414
Lonxitude: -7.062857151031494
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84