Outra fotografía:
Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Navia de Suarna
Parroquia: Cabanela
Lugar: Cabanela
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:
A 710 metros de altitude sobre o nivel do mar.
Trátase dun castro de forma ovoidal situado nun outeiro sobre o río de Cabanela. Cun único recinto, está protexido en todo o seu perímetro polo forte desnivel do terreo, agás polo SO, a única parte accesible, que presenta un parapeito e dous foxos escavados na rocha que miden uns trinta metros de longo e cinco de ancho. Un camiño comunícao co castro de Cabanela.
Dentro do recinto aínda se poden ver os alicerces do que puido ser unha cabana circular. Dous veciños informantes contan que cando eran nenos aínda se podían ver, cando menos, os muros de dúas estruturas habitacionais; como aconteceu coas pedras do muro defensivo e das vivendas, as laxes foran reaproveitadas na construción de peches de fincas e nas casas da aldea.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: ForestalAgrícola
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
A mediados dos anos cincoenta do pasado século, un veciño atopou un anel de ouro. Ao parecer, polas mesmas datas, chegou á aldea un descoñecido que pasou varios días escavando no castro, canda el traía un libro, escrito en portugués, que falaba dun tesouro alí agochado. Ignórase se o atopou.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://arqueoancares.blogspot.com.es/2012/01/mamoas-e-castros-do-concello-de-navia.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.99175012098993Lonxitude: -7.057385444641113
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84