Outra fotografía:
Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Navia de Suarna
Parroquia: Rao
Lugar: Aigas
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro, Época Romana,
Descrición:
Érguese xunto a estrada que baixa á aldea de Aigas, sobre o regueiro de Riamonte. Domínase o val do río Rao.
De forma case circular, ten unhas medidas aproximadas duns 220 metros de diámetro. Presenta unhas boas defensas naturais en todo o seu perímetro agás polo leste que é por onde se accedía ao recinto. A mesta matogueira impide ver se polo acceso, coñecido como o Chao do Castro, tiña algún tipo de defensa, aínda que si se aprecia parte dun foxo. Polo NO consérvanse restos dunha muralla de lousa dun metro de ancho que, máis que como defensa (o pronunciado desnivel do terreo faina innecesaria) debía actuar para protexer aos seus habitantes das inclemencias do tempo. Atopáronse muíños de man. Sobre a croa hai varias colmeas para a extracción do mel.
Segundo informou a propietaria duha leira próxima ao castro, nos anos corenta ou cincoenta do pasado século XX, mentres traballaban a terra para sementar patacas, atoparon un forno circular e restos de carbón.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://arqueoancares.blogspot.com.es/2012/01/mamoas-e-castros-do-concello-de-navia.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.962835802584515Lonxitude: -6.902332305908203
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Xabier Moure says:
Out 7, 2013
A raíz dun incendio no verán do ano 2013, o castro sufriu danos irreversibles causados polas máquinas cortalumes, desfeita, segundo o meu criterio e persoas entendidas na extinción de lumes que consultei, que se puído evitar.
http://onosopatrimonio.blogspot.com.es/2011/07/ultimas-achegas.html