Outra fotografía:

Tipo de ben: Paisaxe histórica/cultural,
Concello: Becerreá
Parroquia: Ouselle
Lugar:
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

En Ouselle, xunto a igrexa románica, hai un monolito cunha praca que lembra a Fuco Gómez que di: “En Ouselle naceu Fuco Gómez (9 de xullo de 1895), un galego que loitou pola dignidade da súa terra. Finou en La Habana (9 de xaneiro de 1972). Confederación Intersindical Galega e os veciños de Ouselle”.
Fuco Gómez naceu en Montaña da Agra, Becerreá, o día 9 de xullo de 1895. Sendo neno embarcouse como polizón nun barco con destino a Cuba. Xa como xornalista, participa nos primeiros grupos nacionalistas galegos. Defensor a ultranza da lingua galega, en 1921 funda o “Comité Revoluzonario Arredista Galego” que perseguía o fin da ditadura de Primo de Rivera e da monarquía en España, así como a proclamación dunha Galiza independente. Coa II República volve a Galiza para loitar pola súa independenza, se ben atopou poucos apoios dos galeguistas moderados. Voltou a Cuba onde faleceu en xaneiro de 1972. Escribiu en varias publicacións e entre 1941 e 1960 dirixiu a revista mensual “Patria Galega”. Din que pertencía á masonería.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://arqueoloxiadosancares.blogspot.com.es/2011/01/lendas-ritos-e-tradicions-da-comarca.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.86583650571899
Lonxitude: -7.144460678100586
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84