
Outra fotografía:
Tipo de ben: Mosteiro/Abadía/Cenobio/Priorado,
Concello: Viveiro
Parroquia: Viveiro
Lugar:
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:
Segundo a tradición, o convento foi fundado por San Francisco de Asís no ano 1214 cando peregrinaba a Compostela. Ten forma rectangular con claustro e patio no interior. A planta baixa do claustro, do século XVIII, acollía a portería, a sala capitular, a cociña e o refectorio, e no piso as celas. Consérvanse tres arcos románicos descubertos no 1945 e unha porta da primitiva construción. Hoxe en día acolle varias dependencias municipais. No claustro consérvanse tres arcos románicos e unha porta da primitiva construción románica do século XIII. A igrexa é de estilo oxival. Á portada principal accédese por medio dunha escalinata dobre. Sobre a porta ábrese unha ventá produto dunha restauración practicada no ano 1682. A planta é de cruz latina con bóveda de medio canón e piastras e arcos de cantaría. Sobre o cruceiro álzase a cúpula do ano 1725. A ábsida é unha das máis altas de Galiza. No interior salienta a capela da Terceira Orde co seu retábulo do século XVIII. Na sancristía hai outro retábulo coa imaxe do Cristo dos Mareantes, do século XIV. Na nave atópanse os sepulcros da Beata Constanza de Castro e do político e escritor Nicómedes Pastor Díaz.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://onosopatrimonio.blogspot.com.es/2011/07/mosteiros-de-galiza.html
“Historia de Vivero y su concejo”, de Donapetry Iribarnegaray
Páxina web do Concello de Viveiro
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.664891407668904Lonxitude: -7.5860595703125
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


(1 votos)
620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!




