
Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Mariña Occidental (comarca) / Viveiro
Parroquia: San Pedro de Viveiro
Lugar:
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:
Igrexa románica de finais do século XII, construída sobre outra do século VI tal como o testemuña un epígrafe que se conserva no altar maior onde se fai alusión tamén a unha restauración acontecida no século X. Foi ampliada e reformada nos séculos XII e XVII. Fabricada en cachotaría de granito e cuberta de lousa a dúas augas, consta dunha nave principal e outra lateral separadas por arcos de medio punto. Ten unha ábsida semicircular, ornamentada con dúas columnas e tres ventás. Espadana de dobre corpo de dous vans. No interior conserva un retábulo maior de estilo neoclásico e outro lateral de estilo barroco. É a máis antiga do concello.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.6235851Lonxitude: -7.592892
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


(1 votos)
620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!





3 comentarios
Oscar Franco says:
Xul 13, 2026
Inscrición da fachada principal que fai referencia á fundación de obras pías no templo no ano 1619.
Oscar Franco says:
Xul 13, 2026
Outra inscrición fai referencia á construción da sancristía no ano 1574.
Oscar Franco says:
Xul 13, 2026
Existe outra inscrición en pedra caliza, xa no interior do templo (e da que se fala na descrición desta ficha), que fai referencia a unha restauración da igrexa no ano 962, e que segundo o epigrafista Fidel Fita reza así:
+ OB HONOREM SA(nc)T(i) / PETRE APOSTOLUS / PELAGIUS
PR(e)SB(ite)R A(bba)S / RESTAURAVIT ECC(les)I(am) / ISTA VIR
PRAEST (ans) E(ra) M.
engado tamén a seguinte referencia bibliográfica:
https://www.romanicodigital.com/sites/default/files/pdfs/files/San%20Pedro%20de%20Viveiro.pdf