Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Sarria (comarca) / Triacastela
Parroquia: Triacastela (Santiago)
Lugar:
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval, Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Da súa orixe románica conserva case a totalidade da planta, construída en lousa, e a ábsida de dobre tramo, un recto e o outro semicircular. A fachada e a torre son do ano 1790. A fachada está adornada cos tres castelos que dan nome á vila (en realidade, o nome de Triacastela fan alusión aos tres castros que arrodean á poboación). No tramo máis baixo da torre hai un pórtico con catro arcos precedendo a entrada e no segundo salientan un baixorrelevo, unha fornela e unha inscrición. Tamén se pode ver un reloxo de sol realizado en lousa. No interior consérvase unha cruz procesional de prata do século XII. A imaxe do Apóstolo Santiago a cabalo preside o retábulo maior de estilo barroco. Situada no Camiño Francés a Santiago.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.755717641978116Lonxitude: -7.239325046539307
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
3 comentarios
adela suma says:
Xan 22, 2013
Engado coma información complementaria o enlace ao inventario das Normas Subsidiarias e Complementarias provinciais (Triacastela non ten planeamento de seu) no que aparece recollido este ben:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/GALICIA/documents/LUGPA007.pdf
Fran Alonso Toucido says:
Xan 22, 2013
Se non recordo mal, conta con restos de frescos nas súas paredes subindo as escaleiras de madeira.
A primeira mostra de arte rupestre en todo o noroeste peninsular: Triacastela e a súa Cova de Eirós | Blog da Deputación de Lugo says:
Mar 27, 2013
[…] singulares ou a terra dos “tres castros” que non castelos que adornan o seu escudo e a igrexa de Santiago. Como di Xoán de Muxa, é mellor que vaias e nolo […]