Outra fotografía:
Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo, dolmen, pedrafita...),
Concello: Mariña Central (comarca) / O Valadouro
Parroquia: San Tomé de Recaré (San Tomé)
Lugar:
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Xunto o Chao da Veiga e Pena Teixeira, nunha chaira ben delimitada por esteos situados a curta distancia. Na actualidade mantéñense en pé unhas 250 pedrafitas de granito que ocupan un perímetro de máis de 300 metros e que conforman unha estrutura tirando a ovalada. Na parte oeste do círculo presenta restos dunha estrutura cadrangular. Non é doado establecer a súa cronoloxía, aínda que é probable que o círculo orixinal tivera unha adscrición prehistórica xa que algúns dos esteos aparecen moi traballados.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Agrícola
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://onosopatrimonio.blogspot.com.es/2011/07/circulos-liticos-e-pedrafitas-de-galiza_09.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: NonEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.5299119908Lonxitude: -7.50070095062
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
6 comentarios
Silvia Fernández says:
Xan 23, 2013
Aínda que moi preto podemos atopar o dolmen de Santo Tomé, quizáis o Prado das Chantas non sexa máis ca un antigo curro. Precisamente nese lugar séguese a celebrar unha das rapa das bestas máis tradicionais da Mariña
Xabier Moure says:
Xan 23, 2013
A min cústame aceptar, por varias razóns, que se trate dun curro. A separación da maioría das pedrafitas entre si e a altura das mesmas, que permitirían fuxir aos animais, xa pode ser un indicio. A estrutura cadrangular que se atopa cara o oeste, que función podería cumprir se se tratara dun curro? Para facer un curro, foille necesario aos seus construtores traballar como están traballadas algunhas das pedras? E está a propia situación: nun lugar de clara tradición neolítica. Ademais, a súa ubicación, nunha penichaira dominante, pode completar o panorama. Para a construción dun curro, na zona hai outros lugares, como, por exemplo, o actual, que reunen unhas características máis doadas.
magago says:
Xan 23, 2013
Eu tamén coincido coa súa dificultade. Para ser un curro, as súas dimensións son enormes e efectivamente, a separación actual entre as laxes fai precisa algún tipo de protección suplementaria para facer as funcións de cercado. Se é un curro, é o máis grande de Galicia nesta feitura e con diferencia.
Sinalar que a moi pouca distancia, monte abaixo, hai un grupiño de mámoas pequenas.
andrew says:
Xul 6, 2016
No podría tratarse de un lugar de reunión o asamblea? Existen recintos líticos en Suecia con este fin según sus paneles explicativos allí. O para celebrar ritos? Su ubicación dominante en su entorno seguramente no se debe al azar.
Fran Sieiro says:
Feb 11, 2020
O nome, Prado das Chantas, indícanos que antes de ser reaproveitado para curro, se é que o foi, xa existían esas pedras chantadas no prado. Os paisanos que puideran ter construído un curro nunca lle houbesen posto Prado das Chantas, pois soaría raro, como chamarlle a unha casa “casa das portas e ventás”. Se de certo se fixo un curral, quen o nomeou estaba tamén a usar o nome anterior ao propio curral.
Xosé Buxán says:
Set 7, 2020
Non podería ter isto algunha relación cos aliñamentos de Carnac, na Bretaña?