Outra fotografía:
Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo, dolmen, pedrafita...),
Concello: O Valadouro
Parroquia: Cadramón, O (San Xurxo)/Frexulfe (Santa Eulalia)
Lugar: Chao de Lamoso
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Formado por dous círculos concéntricos feitos con pedras de xisto e cuarzo, descuberto no ano 2004 por Indalecio García Paz, Xesús Pisón e Isaac Ferreira. Para algúns investigadores trataríase da estrutura dun enterramento megalítico, mais para Xesús Pisón (opinión coa que concordo) presenta unhas características distintas xa que se trata de dous círculos concéntricos, con algún esteo fincado no chan. O círculo maior ten unhas medidas aproximadas de 9,3 metros no eixo N-S e 9,5 no eixo L-O. O círculo menor acada 3,8 metros no eixo N-S e 4,2 no L-O, cunha abertura orientada cara o leste. No centro xeométrico do círculo hai unha pedra plana de 1,15 metros de lonxitude e 0,78 de alto. Segundo o arqueólogo Moncho Boga, aínda que podería corresponder aos aneis perimetrais dunha mámoa, trátase dun círculo lítico prehistórico. Se se tratara dos restos dunha mámoa, chama a atención que non quede pegada de ningún tipo.
(A información, localización exacta e fotografía enviouma Xesús Pisón)
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://dolmensedemaisfamilia.blogspot.com.es/2012/06/anta-de-santo-tome-o-valadouro.html
http://onosopatrimonio.blogspot.com.es/2011/07/circulos-liticos-e-pedrafitas-de-galiza_09.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: NonEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra:
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.52435083761573Lonxitude: -7.533681392669678
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
7 comentarios
magago says:
Xan 23, 2013
Xabier, moi interesante, pero está ben xeolocalizado? O emprazamento que aparece aquí é correcto? Tiña entendido que estaba máis no monte.
Xabier Moure says:
Xan 23, 2013
Botareille unha ollada. A verdade é que, nalgúns casos, líome un chisco para situalos no mapa. Terei que botar man, outra volta, de Elixio.
Silvia Fernández says:
Xan 25, 2013
Vivo moi preto da Mariña e descoñezo por completo este lugar. Poderíades engadir unha breve indicación de como chegar? Pódese ir nun turismo normal ou fai falla todo terreo ou camiñar moito?
Xabier Moure says:
Xan 25, 2013
Creo que agora si está ben situado o Círculo das Pedragosas. Silvia, nós fixemos o percorrido dende o final da pista que leva ao Círculo do Prado das Chantas. Fumos pola ladeira, cara á esquerda, do Penido Novo (vese o vértice xeodésico no cume da dereita). As Pedragosas quedan a uns 600 metros de distancia. Iso si, dende o final da pista hai que ir a pé.
Silvia Fernández says:
Xan 28, 2013
Ok, Xabier. Moitas gracias polas indicacións
Xesús Pisón says:
Abr 30, 2013
A situación do Círculo das Pedragosas non é a que aparece indicada no mapa. se alguén quere a situación exacta que se poña en contacto comigo.
Xesús Pisón
e-mail: villapol@edu.xunta.es
XABIER MOURE says:
Mai 2, 2013
Agora xa atinamos, grazas a Xesús Pisón, coa localización exacta.