Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Castro Caldelas
Parroquia: Castro Caldelas (San Sebastián)
Lugar: Adro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Cruceiro de tipo “de Crucifixo” con plataforma cadrangular de tres chanzos e pedestal cúbico rematado cunha roda moldurada. O pedestal contén unha inscrición pola parte do anverso que está moi desgastada e que nos podería dicir o ano deste cruceiro bastante antigo. O varal é circular e leva un capitel xónico con astrágalo circular e ábaco de lados rectos, volutas e ornamentado con óbolos. A cruz e rectangular cos brazos ornamentados. Polo anverso da cruz presenta a Cristo Crucificado con tres cravos e as mans pechadas. A man dereita fáltanlle os dedos. Ten a cabeza ergueita lixeiramente ladeada á dereita cunha coroa de espiño e un pergamiño coas siglas INRI. O seu pano de pureza vai con dobre nó á dereita. Polo reverso da cruz fica a Virxe co neno no colo agarrado co brazo esquerdo sobre un pedestal. O cruceiro é todo de granito cun mal estado de conservación.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.37458417503551
Lonxitude: -7.41464763879776
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84