Outra fotografía:

Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo, dolmen, pedrafita...),
Concello: Bande
Parroquia: Corvelle (Santa María)
Lugar:
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Neolítico, Época Baixomedieval,
Descrición:

Debe o seu nome ás catro cruces gravadas nas catro caras do monolito que actuaba como marco divisorio entre as parroquias de Calvos e Corvelle (Bande) e Cexo e Banqueses (Verea).
Os veciños de Corvelle teñen conmemorado as batidas que na Idade Media se facían para cazar o lobo e así reivindicar a protección do marco-pedrafita e os dous foxos de lobos que aínda se conservan nas inmediacións. Tanto pola tipoloxía como por estar preto dun campo de mámoas, todo apunta a que se trata dunha pedrafita prehistórica que logo foi reutilizada, tradición que pervive entre os veciños.
O día 26 de agosto de 2014, Pablo Corujo achegounos unha mala nova: o marco-pedrafita fora derrubado e medio enterrado por unha máquina escavadora, feito que xa foi denunciado ante o Servizo de Patrimonio en Ourense e ante o Concello de Bande que descoñecía o acontecido.
Pablo tamén observou un detalle interesante na fendedura: había unhas curiosas pedras que debían estar alí dende hai moito tempo, quizais unhas cuñas de canteiro ou, ao mellor, unha especie de ofrenda. Estes menhires cunha fendedura na parte superior adoitan estar catalogados dentro dos denominados de “observación astronómica”.

(As fotos da desfeita son obra de Pablo Corujo).


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: ForestalAgrícola
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://onosopatrimonio.blogspot.com.es/2011/07/circulos-liticos-e-pedrafitas-de-galiza_09.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Como se indica na ficha, a pedrafita foi derrubada e medio soterrada, afectando, polo tanto, á súa posición orixinal. Pola fendedura mesmo pode tratarse dun menhir dos catalogados como “observación astronómica”.


Onde está localizado

Latitude: 42.0743993433
Lonxitude: -8.03589820862
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84