Outra fotografía:

Tipo de ben: Ermida,
Concello: Nogueira de Ramuín
Parroquia: Campo (San Miguel)
Lugar: Malburguete - O Campo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Capela que ten gran afluencia o día da súa romaría, a primeiros de setembro, para elo esta rodeada dunha gran lameira.
De planta rectangular, en perpiaño de granito, con presbiterio máis elevado ca nave, polo lado norte ten engadida a sancristía a menos altura.
A cuberta no presbiterio é a catro augas, con pináculos nas catro esquinas, na nave a cuberta está a dúas augas.
No muro principal dúas rañuras horizontais laterais e porta de entrada adintelada, enriba de ela oco circular, no cumio molduras circulares acompañando o tellado, con pináculos nos laterais.
Espadana dun só arco con pequena campá, rematada con pináculos laterais e na cima, cruz de pedra.
Na fachada sur pequena porta de entrada e dúas pequenas fiestras.
No muro exterior da sancristía atopamos unha pedra con lenda sobre a súa construción.
Na entrada do recinto pódense ver restos da base dun cruceiro con data do século XVII, o que nos fai pensar que anteriormente puido existir outra capela.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/NOGUEIRADERAMUIN/documents/0453CA002.pdf (p.8-9)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.3641566899
Lonxitude: -7.7694529295
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84