Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Vigo
Parroquia: Vigo Centro
Lugar: Ronda Don Bosco, 6
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

É un templo de estilo neogótico que comeza a construirse o 23 de setembro de 1923 e remata 20 anos despois, o 24 de maio de 1943; as obras van moi lentamente por falta de diñeiro.
Destacan os rosetóns, arcos oxivais e vidreiras artísticas dedicadas a diversos santos. Os bens mobles da igrexa foron realizados nos Talleres Salesianos de Sarriá (Barcelona), e sufragados por subscrición popular; o retablo maior está presidido polo talle en madeira policromada de María Auxiliadora. Dita estatua é de talle policromado. Mide 203 metros de altura, máis un metro a peaña. Foi feita nos talleres de Sarriá (Barcelona).
Esta igrexa pertence ao Colexio María Auxiliadora, dos Salesianos.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

http://www.mariaauxiliadoravigo.es/index.php?option=com_content&view=article&id=77&Itemid=81


Onde está localizado

Latitude: 42.23497580925326
Lonxitude: -8.72414231300354
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84