Outra fotografía:

Tipo de ben: Ermida,
Concello: Barbanza (comarca) / Rianxo
Parroquia: Taragoña (San Salvador)
Lugar: Iñobre - Vista Real
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Capela pertencente ó desaparecido pazo de Vista Real. As súas dimensións exteriores son de 6,35 metros de ancho por 8,75 metros de longo. Formada por un único corpo con bóveda de canón e cuberta de tella a dúas augas .

Aparece documentada, por vez primeira, no ano 1.580 (” entre as viñas de Iñobre ; en lamentable estado de conservación”), pero foi reedificada pola dona do pazo, Margarita de Mendoza y Sotomayor, entre os anos 1.625 e 1.645.

Na súa frontal loce os escudos dos SOTOMAYOR, CAAMAÑO e MENDOZA.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:

Fálase dun “Milagre” acontecido neste lugar a dona Margarita de Mendoza, polo cal se reedificou a ermida.

Tamén se di que a campá, logo de ser vendida para outra capela, fendeu aos tres días; polo que endexamais volveu a tocar .


Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

COMOXO, Xosé e SANTOS, Xesús: “A Heráldica nas Terras de Rianxo: Brasóns e Liñaxes”. Deputación da Coruña

BOUZA BREY, Fermín: “Cabalgadas en Salnés”. Lar


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.6705256
Lonxitude: -8.8259743
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84