Outra fotografía:

Tipo de ben: Institucións culturais (museos, arquivos, centros educativos...),
Concello: Monforte de Lemos
Parroquia: Monforte de Lemos
Lugar:
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Coñecido tamén coma Os Escolapios ou o “Escorial galego”. Mandado construír polo cardeal Rodrigo de Castro no ano 1593, rematouse no 1619, se ben non se completou de todo ata o 1913. O colexio foi Real Seminario de Estudos, rexentado polos xesuítas ata a súa expulsión de España no ano 1767. Dende o ano 1873 ocúpanno os PP. Escolapios. Sobre a porta pódese ler unha inscrición en latín que, traducida, di: “Rodrigo de Castro Cardeal Arcebispo de Sevilla, doa á Compañía de Xesús, para uso da xuventude, templo e colexio consagrados á Virxe María”. O edificio pertence ao estilo Herreriano. A súa fachada, simétrica e monumental, ten 110 metros de lonxitude. É interesante a escaleira da entrada onde non se aprecian os puntos de apoio na estrutura e os banzos, de granito, son dunha soa peza, construída entre os anos 1594 e 1603. Conta con dous claustros neoclásicos. Nos muros obsérvanse as pedras armeiras do Cardeal, dos Condes de Lemos, da Casa de Alba e dos PP. Escolapios, responsábeis da finalización das obras.
A igrexa ten planta de cruz latina, cunha nave central e dúas laterais. O templo acolle unha estatua do fundador, realizada en bronce polo italiano Juan de Bolonia. Tamén se pode ver o retábulo barroco de Francisco de Moure onde se representan seis esceas da vida de Xesús, ademais das imaxes de Nosa Señora da Antiga e de San Ignacio de Loyola. Cada nivel está dividido por tres columnas corintias. No museo do Colexio, antiga sancristía, consérvanse cadros do Greco e de Andrea del Sarto, ademais de obxectos persoais pertencentes a Rodrigo de Castro. Da “Adoración dos Reis”, de Hugo van der Goes só queda unha copia, xa que o orixinal foi vendido no ano 1913 a un museo de Berlín por 1.200.000 pesetas que valeron para rematar o edificio. Tamén se conservan varios incunables e manuscritos, entre outros unha copia do “Libro de la caza de aves”, de Pero López de Ayala.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.5190217
Lonxitude: -7.5158063
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84