Outra fotografía:
Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Samos
Parroquia: Formigueiros
Lugar: Formigueiros
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:
Ocupado entre os séculos III a.C. e I d.C. Situado na serra do Édramo. Defendido por un complexo e rexo sistema defensivo formado por unha muralla protexida por foxos e parapeitos que gardan vivendas de planta cadrada construídas en lousa. Acháronse varias lousas insculpidas, pertencentes ao pavimentado dunha praciña arrodeada por bancos de pedra, con representacións de peixes, cabalos e un labirinto. Nun dos soportes aparecen uns caracteres que segundo o director da escavación, Gonzalo Meijide, lembran os alfabetos ibéricos.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://onosopatrimonio.blogspot.com.es/2011/07/castros-de-galiza-i.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
A pesares dunha ruta que fixeron cara o castro e a necrópole megalítica do Campo de Valentín, atópase en situación de total abandono, moitas das estruturas precisan dunha urxente consolidación. Unha liña eléctrica cruza o castro.
Onde está localizado
Latitude: 42.705872742159436Lonxitude: -7.353372573852539
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
5 comentarios
elixiovieites says:
Feb 3, 2013
Para máis información sobre o castro de Formigueiros, achados e escavacións:
http://www.manuelgago.org/blog/index.php/2010/11/18/os-marabillosos-achados-de-formigueiros/
Xabier Moure says:
Feb 3, 2013
Se ben é certo que o castro está situado no monte Formigueiros, que abrangue os concellos de O Incio e Samos, o xacemento atópase no segundo. O límite municipal márcao o camiño que dende a estrada lambe o castro pola dereita e que vai ata a necrópole megalítica do Campo de Valentín, na Serra do Edramo.
Oscar Franco says:
Out 31, 2016
A prensa escrita do 30 de outubro de 2016 recolle esta nova sobre o castro:
http://elprogreso.galiciae.com/noticia/616754/el-castro-de-formigueiros-es-sometido-trabajos-de-limpieza-y-restauracion
Oscar Franco says:
Nov 28, 2016
Nova do 28 de novembro 2016:
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/lugo/samos/2016/11/28/preparan-castro-formigueiros-mostrar-as-suas-riquezas/0003_201611L28C4991.htm
Oscar Franco says:
Nov 22, 2020
Os concellos de O Incio, Samos e Sarria proxectan recuperar o castro e as mámoas de Formigueiros. Así o recolle a prensa dixital do 15 de novembro de 2020:
https://www.elprogreso.es/articulo/sarria/sarria-samos-incio-unen-poner-valor-necropolis-santa-marina/202011151234551469990.html
https://sarria100.com/proyectan-recuperar-las-mamoas-y-el-castro-de-formigueiros/