
Outra fotografía:

Tipo de ben: Industria,
Concello: Outes
Parroquia: San Cosme de Outeiro (San Cosme)
Lugar: Tavilo (Punta de Broño)
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:
O estaleiro de Cipriano Domínguez formaba parte dunha industria dedicada a fabricación de barcos que estaba moi estendida por toda a ría de Noia, sobre todo no concello de Outes. Antes da construción das primeiras grandes vías de comunicación, a cabotaxe demandaba da fabricación de barcos adecuados ao transporte de mercancías, e a industria da pesca, salgadura e conserva tamén estaba estreitamente vinculada a este sector. O interior da ría era o sitio escollido para a implantación destes estaleiros que adoitaban ter como instalacións unha nave a dúas augas de boa altura para gorecer da intemperie ás naves e aos traballadores. Unhas ramplas de pedra achegadas a estes estaleiros eran o lugar onde se botaban os barcos ao mar. A sona dos carpinteiros de Outes, e sobre todo do Freixo, chegou a ser tal, que incluso chegaron a saír cuadrillas deles para ensinar o oficio a carpinteiros que os reclamaban dende outros portos de Galicia.
Actualización: O conxunto do estaleiro foi rehabilitado e posto en valor con un proxecto de musealización que comezou no ano 2020. Podedes velo neste enlace https://outes.gal/uploads/ckeditor/attachments/629/OUTES_PROXECTO_MUSEOGRAFICO_CIPRIAN_2020.pdf
A foto secundaria corresponde ao seu estado antes da restauración.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
XOÁN F. GARCÍA SUÁREZ. A carpintería de ribeira e os estaleiros no concello de Outes Ed. Toxosoutos, 2008. ISBN 8496673693
GARCÍA AGUADO, JOSE Mª. DE JUAN.La carpintería de ribera en Galicia. (1940-2000)
Universidade da Coruña. 2001.
No catálogo de Bens do PXOM de Outes
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/OUTES/documents/27506CA032.pdf
(pax.5 de 6)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.8052564291Lonxitude: -8.93136978149
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
10 comentarios
mguel says:
Nov 9, 2013
2X1 Elixio!
A esquerda o de “Campos” -xa sen cuberta-
A dereita o de Ciprián – que describes e do que fas a xeolocalización-
elixiovieites says:
Nov 9, 2013
Grazas Miguel, quen tivera tempo para metelos todos e saber a súa historia. Non dei conseguido o libro de Xoán García. Tamén saiu fai pouco un libro sobre a historia de Esteiro onde de vén detallada a súa carpintería de ribeira e os seus talleres : Mariñán, Carabeiro, Caniso da Insuela e Portals entre outros. O libro é “Memoria Salgada dun Pobo” de Santiago Llovo Taboada :
http://www.culturamaritima.org/node/19116
Ramón Angueira says:
Set 2, 2015
Boas! Este libro sobre a carpintería de ribeira en Galicia seguro que vos interesa. Máis ou menos pódense situar os asteleiros que había en cada zona, aínda que nalgúns casos resulta complicado…
Saúdos!
http://amigosdadorna.org/wp-content/uploads/2015/02/De-Juan-Garc%C3%ADa-Aguado-Jos%C3%A9-Mar%C3%ADa-La-carpinteria-de-ribera-en-Galicia-1940-2000-Servicio-de-Publicaci%C3%B3ns-da-Universidade-da-Coru%C3%B1a-2001.pdf
elixiovieites says:
Set 2, 2015
Estupendo libro Ramón. Moitísimas grazas por esta aportación. Saúdos
Juancho says:
Xul 1, 2018
Este inverno o temporal tirou unha pequena parte do tellado desta fermosa e tradicional industria, mágoa que ningunha institución e sobretodo o concello, non se anime a facer un curso de carpintería de ribeira e con tal motivo restaurar tan fermosa construción.
elixiovieites says:
Ago 10, 2018
Bo día Juancho. Onte fomos ata alí, o seu estado é preocupante como ben dis ti. Estado do estaleiro a día 9 de agosto 2018
Carmen says:
Nov 29, 2018
Boas! O libro “A arquitectura das carpintarías de Ribeira en Galicia” de Óscar Fuertes Dopico (https://libraria.xunta.gal/es/a-arquitectura-das-carpintarias-de-ribeira-en-galicia) é un estudo das carpinterías de ribeira, do conxunto de edificacións tradicionais que se dedicaban ou ainda se dedican á construción e reparación de embarcacións de madeira en Galicia. Entre elas esta ou a de Farei, tamén en Outes. En vista do seu estado de deterioro, débese reflexionar sobre a capacidade de recuperación destas arquitecturas do litoral, para evitar a perda da súa atmosfera característica e, xa que logo, da propia edificación.
Oscar Franco says:
Dec 9, 2021
A prensa dixital do 6 de decembro de 2021 recolle a nova dos inicios dos traballos para transformar este ben nun museo que permita coñecer a evolución da carpintería naval en madeira:
https://galego.lavozdegalicia.es/noticia/barbanza/outes/2021/08/02/iniciados-trabajos-transformar-museo-antiguo-astillero-outes/0003_202108B2C4994.htm
Engado tamén a seguinte referencia web:
https://www.asociacionbuxa.com/patrimonio/detalle/675
elixiovieites says:
Set 22, 2022
Actualización : O conxunto do estaleiro foi rehabilitado e posto en valor cun proxecto de musealización que comezou no ano 2020. Podedes velo neste enlace https://outes.gal/uploads/ckeditor/attachments/629/OUTES_PROXECTO_MUSEOGRAFICO_CIPRIAN_2020.pdf
Oscar Franco says:
Feb 6, 2023
O sábado 4 de febreiro de 2023 abriu as súas portas o novo espazo museo situado neste estaleiro. Así o recolleu a prensa dixital:
http://culturagalega.gal/noticia.php?id=34722
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/barbanza/outes/2023/01/31/estaleiro-do-ciprian-resurge-outes/0003_202301B31C4991.htm
https://www.elcorreogallego.es/ocorreodebarbanza/outes-abriu-o-musealizado-estaleiro-de-ciprian-novo-referente-turistico-da-vila-JB13219198
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/barbanza/outes/2023/02/05/estaleiro-do-ciprian-abre-puertas-mundo-oda-carpinteria-ribera/0003_202302B5C2991.htm