
Outra fotografía:
Tipo de ben: Escudo / Epígrafe, Pazo / Casa Grande, Castelo,
Concello: Bergantiños (comarca) / Coristanco
Parroquia: San Mamede de Seavia
Lugar: Nogueira
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:
Torreón do século XV pertencente ao pazo da casa dos Bermúdez de Castro. Hoxe en día só se conserva unha das dúas torres que existían antigamente.
A mampostería da torre está constituída por grandes sillares de granito perfectamente labrados compoñendo así unha estrutra de 13 m. por 8’8 m. de forma retangular, só rota pola letrina circular acoplada na parte posterior. Na fachada frontal atopamos unha porta e dúas ventás con forma oxival e arcos de sillería que sirven como contraforte.
Tamén se observan dous escudos. No primeiro ( http://goo.gl/BkuQZ ) podemos ver o escudo de armas dos Bermúdez e dos Moscoso. No segundo ( http://goo.gl/Ys0ll ) podemos ver os “escaques” dos Bermúdez.
Na parte de arriba da torre desapareceron as antigas ameas e hoxe en día presenta un tellado a catro augas de tellas de arxila.
No edificio anexo á torre, pertencente ao antigo pazo dos Bermúdez de Castro, a mampostería está composta por diversos materiais pétreos de diversas formas e tamaños. Atopamos unha porta de arco de ferradura e contrafortes de sillares de granito, ao igual que as ventás.
Tamén nesta fachada podemos observar dous escudos. No primeiro ( http://goo.gl/32YAq ) vemos o escudo de armas da familia dos Castro. No segundo ( http://goo.gl/xgHjH ) vemos o famoso escudo dos Bermúdez de Castro.
O couto de Nogueira ten a súa orixe nas concesións que os abades do mosteiro de San Mamede de Seavia fixeron durante a Baixa Idade Media á familia Bermúdez de Montaos; o cal abranguía un amplo territorio de aproximadamente 1.000 hectáreas no sur do concello de Coristanco.
Esta torre pertenceu a Pedro Bermúdez “O Vello”, VIII Señor de Montaos, e a Leonor de Castro e Guzmán, pais de Inés Bermúdez de Rioboo e de Nogueira que casou con Fernando de Castro (tamén coñecido por Fernando Ruiz de Castro) o cal ó cambiar o seu apelido deu orixe ós Bermúdez de Castro.
O Señorío de Nogueira pasou polos descendentes de Fernando de Castro e Inés de Nogueira ata que a principios do século XVII o entón Señor de Nogueira, Pedro Bermúdez de Castro e Pardo de Donlebún, emparenta coa nobrísima familia Bardaxí de Aragón ó casar con Ana María de Bardaxí Díez de Guevara Girón. A partir dese momento o Señorío de Nogueira pasará a integrar o patrimonio dos Marqueses de Cañizar, devinculados de Galicia, e Nogueira mantense como centro de administración dos bens destes nobres foráneos na Costa da Morte.
En 1847 o Couto de Nogueira, coa súa casa e Torre, foi mercado polo xurisconsulto José María Maya Barrera, a cuxa familia pertenceu ata o ano 1941 no que pasa por doazón da última dona, Pilar Maya Cano-Manuel, ós Pais Redentoristas da Coruña e Burgos. A casa da Torre de Nogueira foi adquirida en 1959 pola familia Rabuñal Pose, á cal pertence na actualidade.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Páxina dos Bermúdez de Castro con información adicional sobre a torre e o señorío desta familia: http://www.bermudezdecastro.net/nogueira.htm
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Non está señalizado. A maneira de chegar é a seguinte: Saíndo de San Roque de Coristanco pola C-552 atoparemos un desvío á esquerda cara Santa Comba. Seguindo por esta vía (AC-2904) durante 3’5Km á dereita veremos un desvío cara Nogueira. Nada máis coller o desvío verase a torre e o pobo de Nogueira.
Onde está localizado
Latitude: 43.1535868232Lonxitude: -8.76286268234
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!





3 comentarios
adela suma says:
Ago 1, 2011
O PXOM de Coristanco (2000) cataloga esta torre (ficha nº 40):
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/CORISTANCO/documents/0135CA007.pdf
Alberte.NM says:
Ago 1, 2011
Moitas grazas pola túa información Adela. Na información que eu atopei sobre a Torre de Nogueira, aparéceme recollido como B.I.C. pero de todas maneiras quería preguntar se debo reeditar o “post” co número de ficha de catalogación que ti me suxeriches.
adela suma says:
Ago 1, 2011
Na miña opinión a túa ficha está perfecta tal e coma tí a fixeches (xa ves que non hai modificacións); engadín o enlace ao planeamento vixente coma un contenido complementario soamente; os contenidos que ti aportas teñen un nivel moi superior a ficha oficial (coma sucede con todas as fichas deste catálogo, penso) pero paréceme interesante ver a parte legal da cuestión; un saúdo e moitas grazas