Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Pontevedra
Parroquia: Pontevedra (San Bartolomeu e Santa María)
Lugar: Pontevedra - Praza das Cinco Rúas
Outra denominación do ben: Cruceiro de Estribela
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Interesante grupo escultórico orixinalmente policromado pero do que só se conserva a pigmentación vermella da imprimación que se aplicaba antes da pintura. Consta dunha plataforma de planta octogonal de tres escadas. Sobre esta aséntase un pedestal con diversas molduras e unha inscrición que percorre as súas catro caras que informa sobre a data de construción: 1773.
O fuste é de planta cadrada no seu tramo inicial, pasa a ser de planta hexagonal coas caras lixeiramente convexas. Sobre el distribúense un grupo escultórico, formado por Adán e Eva baixo unha maceira no momento en que Eva colle a mazá da árbore. Á dereita destas figuras esténdese unha serpe que vai dende a base, debaixo de Adán e Eva na parte frontal, percorrendo todo o lateral ata a altura do remate da arbore. Pola outra banda hai dúas pequenas figuras de ánimas en medio das chamas, en enriba delas poder verse un relevo cos instrumentos da paixón. Pola parte posterior hai outra inscrición que pide unha pregaria pola alma dos penitentes no purgatorio.
Enriba deste conxunto, disponse Santo Antonio de Padua levando no colo ao neno Xesús. E máis arriba no fuste inda hai outra pequena figura.
O capitel presenta unha versión xeométrica e simplificada de follas de acanto e volutas cun anxo entre cada par de volutas. Sobre esta un plinto sobre a que se ergue unha cruz sinxela de esquinas biseladas excepto no remate dos brazos. Pola parte frontal, que mira a praza vemos un cristo acompañado dun monxe. Pola outra beira temos a Virxe portando ao neno.
O conxunto foi construído en 1773 e orixinalmente emprazado na praciña a carón da Praza de Abastos de Estribela. No ano 1939, din que os falanxistas, que estaban a celebrar que venceran na guerra, colgaron guirnaldas e bandeirolas do cruceiro, tiraron con el e rompeu en cachos. Así estivo ata que en 1962 o levaron para o Museo de Pontevedra, onde o restauraron. Pero xa nunca regresou á parroquia, senón que, unha vez restaurado, foi colocado na Praza das Cinco Rúas.
Décadas despois, en 1999, a raíz das peticións da Asociación de Veciños San Andrés, o Concello de Pontevedra colocou a réplica que podemos ver na actualidade en Estribela.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
RODRÍGUEZ CASTELAO, Alfonso. “As Crucesde Pedra na Galiza”. Editorial Galaxia, Edición facsimilar. Vigo 2008. ISBN: 978-84-7154-470-4. Láminas XVI e XXIV.
LIGAZÓNS WEB:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/PONTEVEDRA/documents/2486CA218.pdf (p. 3)
http://www.websendesarrollo.com/?p=373
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/pontevedra/2012/07/06/cruceiros-lena-cinco-calles-estudio/0003_201207P6C11993.htm
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.4335554343Lonxitude: -8.64610075951
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
2 comentarios
Oscar Franco says:
Abr 20, 2015
Unha referencia bibliográfica máis deste cruceiro:
BURGOA FERNÁNDEZ, JUAN J. De Tui a Santiago. Cruceros y Petos de ánimas del Camino Portugués (En liña)
Oscar Franco says:
Xan 20, 2020
Dana o cruceiro con pintadas. A nova é do 18 de xaneiro de 2020:
https://www.farodevigo.es/portada-pontevedra/2020/01/18/vandalos-rotulan-cruceiro-cinco-ruas/2232920.html