Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Pontevedra
Parroquia: Pontevedra (San Bartolomeu e Santa María)
Lugar: Pontevedra - Praza Alonso de Fonseca
Outra denominación do ben: Cruceiro do Burgo
Cronoloxía: Época Baixomedieval, Século XX,
Descrición:
Antiga cruz de estilo plateresco sobre piar, fuste e escaleiras modernas, concretamente do ano 1949. Descoñecese a orixe deste cruceiro, pero é posible que estivera situado a carón da capela do Santiaguiño do Burgo.
Presenta un traballo detallado de estilo florido e moi elaborado con tendencia a xeometrización. Brazos decorados con ondas ao longo dun nervio central e rematados nunha flor de catro pétalos con un botón central prominente. Nunha banda presenta a un pequeno Cristo baixo unha umbela e debaixo un bispo con báculo; na outra banda unha Virxe coroada con neno en brazos e debaixo Santiago Peregrino. A carón das figuras do bispo e de Santiago hai outras dúas figuras que parecen ser de monxes.
No capitel moderno poden verse o escudo da cidade de Pontevedra, unha vieira, dúas ancoras cruzadas e o escudo dos Fonseca. Todo isto sostido por un fuste sobre unha base na que podemos ler en cada unha das súas caras:
Año Santo Jacobeo
Vuelto a su lugar
Año Santo Mariano
Santa Misión MCMLIV
A cruz está danada, pois fáltalle un pétalo no eixo superior. Ademais, hai que lembrar que o capitel, fuste e base non son os orixinais.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
BIBLIOGRAFÍA
GONZÁLEZ PÉREZ, Clodio; VALLE PÉREZ, J.C. Voz “Cruceiros” Lugo: Gran Enciclopedia Gallega, 2003. Tomo 11.
LAREDO GÓMEZ, José María: “Cruceiros”. Xuntanza Editorial, A Coruña (p. 42)
“Os Cruceiros”. Cadernos Museo do Pobo Galego 12 (p. 34)
RODRÍGUEZ CASTELAO, Alfonso. “As Cruces de Pedra na Galiza”. Editorial Galaxia, Edición facsimilar. Vigo 2008. ISBN: 978-84-7154-470-4. Lámina VIII.
LIGAZÓNS WEB:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/PONTEVEDRA/documents/2486CA310.pdf (p. 6)
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.4335613732Lonxitude: -8.64760279655
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Oscar Franco says:
Abr 20, 2015
Unha referencia máis deste cruceiro:
BURGOA FERNÁNDEZ, JUAN J. De Tui a Santiago. Cruceros y Petos de ánimas del Camino Portugués (En liña) http://ruc.udc.es/bitstream/2183/8733/1/CC56art12ocr.pdf