Outra fotografía:
Tipo de ben: Fortificacións urbanas,
Concello: Pontevedra
Parroquia: Pontevedra (San Bartolomeu e Santa María)
Lugar: Pontevedra - Rúa Arcebispo Malvar
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:
As Murallas de Pontevedra comezáronse a construír no século XI e conserváronse ata o século XIX, cando entre os anos 1848 e 1886 acométense as tarefas de derrube por parte do concello.
Sabemos polos restos, documentos e mesmo debuxos do século XVI realizados por Simancas y Baldi que tiña unha estrutura de gran altura e impoñente aspecto, de 7 metros de alto e 2 de ancho e unha lonxitude total de 2.170 metros. Estaba rematada no seu borde exterior por unha ringleira de ameas. Pola parte interior discorría un camiño de ronda e no exterior había un foxo. Posuía catro grandes portas: a de Santa María, a carón da basílica; a de Santo Domingo, preto das ruínas; a de Trabancas, que uniría o que hoxe é a praza da Ferrería coa praza da Peregrina; e a de Rocheforte, que se abría a rúa Santa Clara. Xunto coas portas, sete postigos. Un complexo defensivo que se completaba con torres fortificadas. Destas tense noticia das Torres Arcebispais, próximas a basílica de Santa María; da Torre de Ouro, na esquina de Pai Amoedo con rúa Sierra, que parece ser que estaba feita a semellanza da Torre del Oro de Sevilla; dúas torres máis entre as portas de Trabancas e Rocheforte; outras dúas a beira do Lérez e A Bastida, un torreón defensivo que estaría no soar do que foi o edificio do Concello de Pontevedra.
Actualmente só se conserva un pano a carón do sanatorio de Santa María, na rúa Arcebispo Malvar e diversos restos arqueolóxicos espallados pola cidade que están a ser revalorizados. Ademais, as obras de renovación do pavimento e servizos na avenida de Santa María serviron para descubrir o foso e as murallas do Pazo e das Torres Arcebispais, unha fortaleza asentada sobre a muralla e que dende o século XI defendía a cidade.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta: GA36038013
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
BIBLIOGRAFÍA
FORTES BOUZÁN, Xosé: “Historia de la Ciudad de Pontevedra”. Galicia Editorial, S.A. Gaesa. A Coruña, 1993 (pp. 106-109, 609)
GARCÍA SAINZ, Eduardo: “Unha ollada a muralla medieval de Pontevedra”. Gallaecia, nº 24, 2005 (pp. 243-263)
ENLACES WEB
http://www.elmundo.es/elmundo/2010/08/13/galicia/1281720427.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.43326442774538Lonxitude: -8.64797294139862
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84