Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Pontevedra
Parroquia: Pontevedra (San Bartolomeu e Santa María)
Lugar: Pontevedra
Outra denominación do ben: Cruceiro do Museo Arqueológico de Pontevedra, Cruceiro de San Domingos, Cruceiro de San Bartolomeu "O Vello"
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:
Cruz do século XIV, que primitivamente estaba emprazada dentro das murallas da cidade a carón da desaparecida igrexa de San Bartolomeu O Vello, semellante en estilo ao cruceiro santiagués do Home Santo. É unha dos poucos cruceiros góticos que quedan en Galicia, e xunto co cruceiro situado a carón do paramento sur da basílica de Santa María a Maior, dos únicos de Pontevedra.
Presenta un traballo detallado de estilo florido con dimensións de cruz latina. Nunha banda amosa á Virxe coroada co neno en brazos, ambos de formas esveltas. Debaixo deles aparecen pequenas figuras representando a anxos e santos. Na outra banda, un Cristo hierático cos brazos estendidos, e debaixo un bispo con báculo.
A presencia das umbelas cubrindo ao Cristo e á Virxe, así como os brazos da cruz moi adornados e rematados nunha flor de catro pétalos, son característicos das cruces góticas.
O conxunto está sostido por unha base de planta cadrada e esquinas biseladas nas que hai unha inscrición en caracteres góticos repartidos en dúas liñas.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
GONZÁLEZ PÉREZ, Clodio; VALLE PÉREZ, J.C. Voz “Cruceiros” Lugo: Gran Enciclopedia Gallega, 2003. Tomo 11.
LAREDO GÓMEZ, José María: “Cruceiros”. Xuntanza Editorial, A Coruña (pp. 40-41)
RODRÍGUEZ CASTELAO, Alfonso. “As Cruces de Pedra na Galiza”. Editorial Galaxia, Edición facsimilar. Vigo 2008. ISBN: 978-84-7154-470-4. Lámina V.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.4312966335Lonxitude: -8.64696443081
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Oscar Franco says:
Abr 18, 2024
A prensa dixital do 15 de abril de 2024 anuncia os traballos de restauración e conservación deste ben:
https://www.diariodepontevedra.es/articulo/pontevedra/cruceiro-ruinas-san-domingos-lucira-nueva-imagen-semana/202404151646331300574.html