Outra fotografía:
Tipo de ben: Pazo / Casa Grande, Institucións culturais (museos, arquivos, centros educativos...),
Concello: Pontevedra
Parroquia: Pontevedra (San Bartolomeu e Santa María)
Lugar: Pontevedra
Outra denominación do ben: Museo de Pontevedra
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Logo da aprobación da moción fundacional do Museo de Pontevedra pola Deputación Provincial o 30 de decembro de 1927, a primeira tarefa que lles cómpre afrontar ós seus impulsores é a de buscar un edificio no que albergar os fondos. A elección non é doada pero si rápida, resultando elixido o pequeno pazo edificado no 1760 por José de Castro y Monteagudo, primeiro Auditor na Provincia Marítima de Pontevedra.
Antes de ser adquirida, tivo diversos usos: no baixo, local comercial de “La Imperial”, casa de comidas “La Flor”, obradoiro de carpintería de “Rarrá”; no piso, a Escola Unitaria; en parte do xardín, dando á rúa Pasantería, un alpendre que antes da súa adquisición era un cortello de porcos.
Nas obras de restauración do inmoble tenta influír moi positivamente Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, patrón fundador, que dirixe varias e extensas cartas con pormenorizados debuxos ó tamén fundador Francisco Javier Sánchez Cantón, daquela xa en Madrid, dándolle ideas sobre como el estimaba que se debían levar a cabo as reformas e pedíndolle a súa intercesión ante o arquitecto Juan Argenti Navajas e o director Casto Sampedro y Folgar, ideas que na maioría dos casos se tiveron en conta.
O primitivo pazo sería obxecto dunha nova remodelación na súa fachada norte tras a apertura do edificio García Flórez para Museo en 1943, coa conseguinte construción da ponte que comunicaría ambos edificios sobre a rúa Flórez. Por conseguinte, a ponte foi un engadido tardío, ao contrario da crenza xeneralizada.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Nos seus espazos de exposición atópanse pezas arqueolóxicas, ourivaría de época prerromana e romana, pratería e pinturas. Adícanse dúas habitacións aos temas arqueolóxicos entre os temos achádeos prehistóricos, colares e outras pezas romanas procedentes dos xacementos da Golada e Caldas. Pratería doada por Gonzalo Fernández de la Mora y Mon con pezas anteriores a 1900 de arte civil e arte sacro.
No paramento dos edificio tamén atopamos dous escudos. Un cara que mira a rúa Laranxo que consiste nun escudo circular coas armas de Pontevedra sobre unha cartela. E outro escudo de Pontevedra, esta vez partido no espazo do xardín interior.
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
BIBLIOGRAFÍA
MESSIA DE LA CERDA Y PITA, LuIs F.: «Heráldica, escudos de armas labrados en piedra existentes en la zona de Pontevedra». Excma. Diputación de Pontevedra,Pontevedra 1989 (pp. 49-52)
ENLACES WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/PONTEVEDRA/documents/2486CA606.pdf
http://www.museo.depo.es/museo/edificios/ga.01050003.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.43252403756313Lonxitude: -8.643064498901367
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84