Outra fotografía:

Tipo de ben: Pazo / Casa Grande, Institucións culturais (museos, arquivos, centros educativos...),
Concello: Pontevedra
Parroquia: Pontevedra (San Bartolomeu e Santa María)
Lugar: Pontevedra
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

O Edificio Fernández López son en realidade varias casas e solares de diferente época pero integrados nun só edificio, pertencente ao museo.

O primeiro edificio, construído entre os anos 1963 e 1965 grazas ao patrocinio de Fernández López, que da á Praza da Leña, é de nova planta, a base de cadeirado de pedra, con un baixo e dous pisos, estes formando soportais, sobre piares cuadrangulares, na fachada principal. Cunha fiestra, tres portas na cota de terra e outros tantos vans no paramento da rúa Pasantería.

No primeiro corpo ten catro fiestras en cada un dos paramentos laterais, e tres a ámbalas dúas beiras da porta que da ao balcón, centrado para fachada. O corpo superior segue o mesmo esquema pero substitúe o balcón polo escudo da cidade.

A casa do número 8 da Pasantería conserva os elementos exteriores orixinais do século XVIII mantendo así as liñas primitivas da rúa Pasantería, inda que a casa está plenamente integrada no edificio novo.

Consérvase o paramento da rúa Pasantería na dua configuración e aparencia pero creando dous pisos máis por medio de retranqueado, cuxa altura só se fai patente pola beira da rúa do Laranxo.

Na década dos 90 do século XX, amplíase o edificio coa adquisición da casa número 4 da rúa Pasantería, completando a totalidade da mazá. As obras de reforma foron realizadas polos arquitectos Celestino García Braña y Javier Reboredo e concluídas no 2002. Respectáronse as fachadas orixinais e o espazo ocupado polo xardín no extremo sur, empregando para os novos volumes, estruturas de cristal e unha cuberta de cobre.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:

No seu interior atópanse os fondos de pintura existindo unha colección de pintura romántica e histórica e cun espazo adicado a Francisco de Goya e outra a Joaquín Sorolla. Así mesmo alberga as dependencia administrativas do museo, a biblioteca, o arquivo gráfico no que consta medio millón de imaxes, o arquivo Zagala coas súas fotografías doadas por el mesmo, e os arquivos dos fotógrafos José Suárez e Joaquín Pintos.

No seu paramento exterior presenta tres escudos heráldicos labrados en pedra no orixinais do edificio. Dous están no paramento que da a rúa do Laranxo. O primeiro, posiblemente do século XVI, consiste nun escudo central rodeado de outros oitos pequenos escudos. Todos eles cos símbolos e armas de fidalguías e familias ilustres de Pontevedra.

O segundo escudo labrado en pedra son as armas da cidade acompañado dunha inscrición que di:
“SO : PATRONESEL AIUN
TAMI (ENT) O DESTA V(ILL) A”

Conservase un debuxo a pluma deste escudo exactamente igual que di:
“Capilla virgen del camino. En la fachada del lado izquierdo”

Hai un terceiro escudo, circular coas armas de Pontevedra, labrado en pedra a sete metros de altura na fachada principal que da a Praza da Leña.


Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

BIBLIOGRAFÍA
MESSIA DE LA CERDA Y PITA, LuIs F.: “Heráldica, escudos de armas labrados en piedra existentes en la zona de Pontevedra”. Excma. Diputación de Pontevedra,Pontevedra 1989 (pp. 35-48)

ENLACES WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/PONTEVEDRA/documents/2486CA607.pdf
http://www.museo.depo.es/museo/edificios/ga.01050007.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.432294396050374
Lonxitude: -8.64323616027832
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84