Outra fotografía:

Tipo de ben: Mosteiro/Abadía/Cenobio/Priorado, Institucións culturais (museos, arquivos, centros educativos...),
Concello: Pontevedra
Parroquia: Pontevedra (San Bartolomeu e Santa María)
Lugar: Pontevedra
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

A súa construción foi iniciada en torno a 1695 e finalizada en 1714, seguindo as pautas do barroco internacional e, posiblemente, segundo planos trazados en Roma, adaptados a fórmulas de tradición local, para sede do Colexio da Compañía de Xesús, a carón da súa igrexa, a actual parroquial de San Bartolomeu. Jorge de Andrade, o facendado sacerdote establecido en Perú, favoreceu a súa construción, auspiciada polo Concello para reunir nun único centro os estudos existentes na –daquela- vila, que creara unha fundación establecida en 1644. Do Padroado da mesma formaban parte tamén os Mosquera, os Villar y Pimentel, os Guimarey e os Marqueses de Aranda.

Ó exterior, pola rúa Sarmiento, presenta unha longa fachada de cantería que consta de baixo e un andar, con portalón alintelado no ángulo máis próximo á igrexa, decorado con placas e pilastras, sobre o que figura o escudo de armas, mentres que interiormente dúas son as zonas máis destacadas: por un lado, o claustro de dúas plantas, con proporcións moi do estilo galego e de arte pouco refinada, con arcos cegados e ventás abertas neles, moi semellante ó da igrexa da Compañía de Villafranca del Bierzo (León); por outro, a suntuosa escaleira pétrea na súa esquina sudoriental, que dende a planta baixa conduce ó segundo andar, aparece asinada por López e datada en 1722. Tamén cómpre salientar o soto da parte de nacente, que presenta unhas fortes arcadas. Ó primitivo edificio váiselle engadir posteriormente a parte que dá á rúa Padre Amoedo, cunha fábrica de menor calidade.

Tras a expulsión dos xesuítas en 1767, o Colexio foi sede das máis variadas empresas: as Escolas de Primeiras Letras e Latinidade patrocinadas polo Concello, a fábrica de tecidos dos irmáns Lees, almacéns, sociedades, o primeiro Instituto de Pontevedra… En 1894 a Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra estudou a posibilidade de instalar nos baixos o seu Museo. Dende 1903 ata 1974 estivo ocupado polo Hospicio e pola Inclusa, unificados baixo o nome de Fogar Provincial en 1955.

En 1978 prodúcese a autorización do Ministerio do Interior para a cesión do inmoble co gallo de que sexa utilizado polo Museo.

As obras de reparación e acondicionamento inícianse en 1979 e aínda que xa en setembro de 1981 se celebrara no claustro unha mostra sobre gravados de Goya e en 1982 se instalaran algunhas salas, a inauguración definitiva non se levará a cabo ata o 11 de agosto de 2014.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:

Inscripción na escaleira “López Mefecit 1722”.

Escudo labrado en pedra coas armas de España sobre un medallón inscrito nunha cartela timbrada con coroa real, sobre a porta de acceso ao espazo do museo.

Colección permanente que se exhibirá nas súas amplas salas e no propio claustro, do Museo de Pontevedra entre os que se encontran os fondos arqueolóxicos correspondentes á prehistoria e á idade antiga, a arte medieval ata o gótico, a olaría tradicional de Galicia, a louza de Sargadelos e a colección Sánchez-Mesas.


Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/PONTEVEDRA/documents/25673NO001.pdf
http://www.museo.depo.es/museo/edificios/es.01050009.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.4329912367
Lonxitude: -8.64212036133
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84