Outra fotografía:

Tipo de ben: Institucións culturais (museos, arquivos, centros educativos...),
Concello: Pontevedra
Parroquia: Pontevedra (San Bartolomeu e Santa María)
Lugar: Pontevedra
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XXI,
Descrición:

O Sexto Edificio do Museo de Pontevedra está emprazado no soar que ocupara a horta da Compañía de Xesús, detrás da igrexa parroquial de San Bartolomeu e do Edificio Sarmiento, co que se comunica.

Trátase dun edificio de recente construción que supón para o Museo unha ampliación de dez mil metros cadrados dedicados a salas de exposicións permanentes e temporais, talleres de restauración, auditorio con capacidade para duascentas corenta persoas e cafetería.

As obras deste novo inmoble iniciáronse en 2004 segundo o proxecto elaborado polos arquitectos Eduardo Pesquera e Jesús Ulargui, gañadores do concurso de ideas convocado pola Deputación de Pontevedra, que sufragou a súa construción, para a que contou coa colaboración do Ministerio de Cultura e da Consellería de Cultura.

Nas vinte e tres salas de exposición permanente achará o visitante a evolución da arte galega dende o gótico ata a actualidade, así como as manifestacións artísticas realizadas noutros puntos de España desde os tempos de Goya ata mediados do século XX.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.museo.depo.es/museo/edificios/ga.01050011.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.433624721408286
Lonxitude: -8.642206192016602
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84