Outra fotografía:
Tipo de ben: Vivenda singular,
Concello: Vigo
Parroquia: Centro Cidade
Lugar: Rúa Marqués de Valladares - Rúa Velázquez Moreno
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:
A Casa de Francisco Sitjá é un proxecto realizado en 1886, aínda que a solicitude de licenza non se pediría ata o 29 de setembro de 1889. O encargo deste edificio corre A Cargo de Pedro M. Sitjá en nome do seu fillo Francisco Sitjá Coca, o cal residía en Barcelona. Precisamente, o proxecto deste edificio toma como referencia o bosquexo realizado polo afamado arquitecto catalán José Domènech i Estapá. Así, na memoria do proxecto, Jenaro de la Fuente fai constar que o deseño do edificio se realiza despois de adaptar o bosquexo ás alturas e pisos esixidos polo propietario.
O edificio fai gala do característico estilo ecléctico do arquitecto Jenaro de la Fuente. Isto é, unha notable decoración na fachada con amplo repertorio ornamental, a tendencia á planitude e a presenza dun volume compacto e un excelente traballo de cantería. Aínda que neste edificio hai varios elementos que saen do seu estilo habitual como o miradoiro do chafrán, o amplo bordo da cornixa ou o corte dentado da parte interior e central do lintel, que posteriormente utilizará noutras obras.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: ResidencialEquipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
A prensa dxital do 13 de outubro de 2022 recolle a nova da próxima rehabilitación deste edificio (ver referencia bibliográfica)
Referencias bibliográficas:
BIBLIOGRAFÍA
GARRIDO, Jaime e IGLESIAS, Xosé Ramón: “Vigo. Arquitectura urbana”.
ENLACE WEB
http://arquitecturavigo.blogspot.com.es/2009/11/casas-de-francisco-sitja-1886-jenaro-de.html
https://veredes.es/blog/casa-de-francisco-sitja-1886-1889-jenaro-de-la-fuente-y-dominguez-arquitecturavigo/
NOVA DA PRÓXIMA REHABILTACIÓN
https://galego.farodevigo.es/gran-vigo/2022/10/13/renacer-joya-jenaro-fuente-pleno-77168177.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
O edificio mantén o seu deseño orixinal aínda que se encontra bastante deteriorado.
Onde está localizado
Latitude: 42.238389466244Lonxitude: -8.722071647644
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84