Outra fotografía:

Tipo de ben: Escudo / Epígrafe, Pazo / Casa Grande,
Concello: Pontevedra
Parroquia: Pontevedra (San Bartolomeu e Santa María)
Lugar: Pontevedra - Rúa da Amargura, 11-13
Outra denominación do ben: Casa dos Cadavid, pazo dos vaamonde
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

O pazo é un exemplo de da arquitectura da nobreza pontevedresa do século XVI, datado en torno ao ano 1500. O pazo foi inicialmente da familia vaamonde. No século XIX foi empregado como cuartel de carabineros. Actualmente é reitoral de Santa María.

Trátase dun edificio de cachotaría concertada e carpintería de madeira característico e recoñecible polo seu friso con semiesferas. A porta de acceso principal posúe un arco bilobulado cun pequeno escudo na clave. Na fachada tamén se abren dúas fiestras, unha cara a rúa da Amargura, no segundo corpo, cun arco conopial labrado sobre lintel e decorado con lacería; e outra a rúa Isabel II, de arco rebaixado decorado con cuadrifolias.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:

Escudo no lintel da porta: a metade esquerda presenta un faxado de oito ordes e a outra metade un xaquelado de tres e nove ordes que faría referencia a familia Baamonde. Como timbrado presenta un casco afrontado con penacho e dúas serpes como tenantes. O escudo estaría datado entre finais do século XV e principios do XVI.


Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

BIBLIOGRAFÍA
FORTES BOUZÁN, Xosé: “Historia de la Ciudad de Pontevedra”. Galicia Editoria, S.A. A Coruña, 1993 (p. 121)
MESSIA DE LA CERDA Y PITA, Luís F.: “Heráldica, escudos de armas labrados en piedra existentes en la zona de Pontevedra” Excma. Diputación de Pontevedra. Pontevedra, 1989 (p. 337-340)
FONTOIRA SURÍS, Rafael “Pontevedra Monumental” Excma. Diputación de Pontevedra, Pontevedra 2009. (p. 224)

LIGAZÓNS WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/PONTEVEDRA/documents/2486CA224.pdf (p. 1, tomo 2, ficha 1-11-06)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.4337039066
Lonxitude: -8.64704489708
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84