Outra fotografía:
Tipo de ben: Castelo,
Concello: Limia (comarca) / Sandiás
Parroquia: Santo Estevo de Sandiás
Lugar: O Castro
Outra denominación do ben: Torre do Castro
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:
A torre de Sandiás, ou torre do Castro a denominación pola que é coñecida polos veciños, é o único vestixio dun castelo medieval construído na primeira metade do século XII sobre un antigo castro. Conserva en bo estado os seus grosos muros norte e leste, e parcialmente o do sur. Participou nas guerras fronteirizas pola posesión do condado da Limia, entre o monarca Afonso VII de Castela e León e Afonso Henriques de Portugal. No ano 1386 foi asaltado polo duque de Lancaster. Máis tarde, en 1467, é arrasado polos irmandiños, e quizais xa non fora reconstruído, tal como apunta algún autor. Mais a maioría dos autores afirman que voltou a reconstruirse, non quedando claro o momento no que acadou o seu estado actual. Na guerra hispano-lusitana do século XVIII, foi punto de concentración de tropas. Constaba, ademais de soto, 3 pisos e terraza superior. Ó seu pé pódese admirar unha extraordinaria panorámica da desecada lagoa de Antela e da Limia.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: GA32077002
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
http://nocorazondaantela.blogspot.com.es/search?q=LENDAS
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
“Resume xeneral de folk-lore de Sandiás”
Urbano Santana
Revista Nós, xuño-setembro, 1931.
http://issuu.com/torredocastro/docs/revistaatorredocastro82014
“Castillos de Ourense”
Olbes Durán, Carlos
Ediciones Lancia, S.A.
1ª ed.(08/1996)
96 páginas; 17×12 cm
ISBN: 8481770302 ISBN-13: 9788481770308
Revista cultural e turística do concello de Sandiás ¨A Torre do Castro¨(Número 1. Ano 2007)
Blog ¨No corazón da Antela¨
http://nocorazondaantela.blogspot.com.es/
Publicacións de interese do Concello de Sandiás:
http://issuu.com/torredocastro
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Considerase unha ruína consolidada. Presenta algunha vexetación na parte alta dos seus grosos muros. Os accesos melloráronse coa realización de melloras por parte dos Obradoiros do Concello de Sandiás. O sistema de iluminación da torre foi vítima do vandalismo varias veces, ata quedar totalmente destruído (corte de cables, destrucción de lámparas, etc.).
Onde está localizado
Latitude: 42.1229994156Lonxitude: -7.74373054504
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
8 comentarios
adela suma says:
Ago 3, 2011
A ficha do catálogo do PXOM de Sandiás (2007) que recolle este elemento pode visualizarse no enlace:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/SANDIAS/documents/24637CA002.pdf
Gavilanes67 says:
Set 11, 2012
Algo mais de información:
Hai un pozo escavado na rocha; disque está encantado, que no seu fondo hai unha entrada que vai dar a unha estancia onde hai un tesouro; para desencantalo cómpre levar unha pita negra e un ovo posto por ela. Tamén se conta que dende o pozo vai un túnel que emboca na torre da Pena, en Xinzo de Limia.
Información: http://onosopatrimonio.blogspot.com.es/2011/07/castros-de-galiza-ii.html
Xavier says:
Xan 27, 2014
Artigo de Xesús Taboada Chivite (La Región, 05/04/1970) sobre o castelo de Sandiás.
http://nocorazondaantela.blogspot.com.es/2010/12/o-castelo-de-sandias.html
Xavier says:
Xan 27, 2014
Lenda do castelo de Sandiás recollida por Urbano Santana na revista “Nós” (“Resume xeneral de folk-lore de Sandiás”. Revista Nós, xuño-setembro, 1931).
http://nocorazondaantela.blogspot.com.es/2012/12/o-castelo-de-sandias.html
Xavier says:
Xan 27, 2014
Outra lenda do castelo de Sandiás recollida por Urbano Santana na revista “Nós” (“Resume xeneral de folk-lore de Sandiás”. Revista Nós, xuño-setembro, 1931).
http://nocorazondaantela.blogspot.com.es/2012/12/o-mouro-rouba-zapatos.html
Oscar Franco says:
Mai 29, 2020
A Xunta iniciou o proceso para licitar as obras de restauración desta torre declarada BIC.
Así o recolle a prensa dixital de finais do mes de maio de 2020:
https://galego.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/sandias/2020/05/27/xunta-destina-150000-euros-obras-torres-sandias-porqueira/0003_202005O27C6992.htm
http://culturagalega.gal/noticia.php?id=31166
https://historiadegalicia.gal/2020/05/a-xunta-rehabilitara-duas-das-seis-grandes-torres-que-defendian-a-limia/
Oscar Franco says:
Xul 29, 2020
A Xunta de Galicia adxudica a restauración da Torre do Castro, en Sandiás, por máis de 75.000 euros. Así o recolle a prensa dixital do 23 e 24 de xullo de 2020:
https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/50491/xunta-adjudica-restauracion-torre-castro-sandias-por-mas-75-000-euros?langId=es_ES#:~:text=La%20Xunta%20adjudica%20la%20restauraci%C3%B3n,75.000%20euros%20%2D%20Xunta%20de%20Galicia
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/sandias/2020/07/24/patrimonio-xunta-contrata-restauracion-torre-do-castro-sandias/0003_202007O24C5996.htm
Oscar Franco says:
Xan 7, 2025
A lenda da traizón da torre de Sandiás no seguinte enlace:
https://galiciaencantada.com/lenda.asp?cat=12&id=1038