
Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Santiago de Compostela
Parroquia: Bando (Santa Eulalia)
Lugar: Bando de Abaixo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
A igrexa ten planta rectangular con sancristía engadida na cabeceira e máis baixa que o corpo principal. Tellado a dúas augas e muros feitos con cachotería e perpiaño regularizado, sobre todo nas esquinas dos muros. Porta alintelada con pequenas molduras que amosan orelleiras. Enriba da porta, fornela coa figura da santa titular da parroquia e máis arriba unha pequena ventá de bordes achafranados para dar luz ao interior do templo. Remata a fachada con espadana de ocos con arco, para dúas campás e con adorno de pináculos de bóla, e no cume unha cruz. Podemos ver a escasos metros da porta unha pía semiesférica, de pedra e cun pequeno resalte polo borde superior, que podía pertencer a un antigo templo do mesmo lugar. A Igrexa está ao pé do castro de Bando, e dende o seu adro podemos ver os seus impoñentes terrapléns defensivos.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
A igrexa no pxom de 2007 de Santiago de Compostela
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/SANTIAGODECOMPOSTELA/documents/26242ca012.pdf
( pax. 50 de 199, 28 do pdf)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.884203343Lonxitude: -8.48616600037
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!





2 comentarios
COMISIÓN FESTAS BANDO says:
Dec 3, 2017
Boas:
Na páxina de Facebook da Comisión de Festas de Bando indicamos que no lintel desta igrexa hai unha inscrición di o seguinte (entre corchetes as letras que se borraron a posteriori):
D. GOИZALO FERИAИD[EZ] ESPIИOSA EN EL
AӢO [DE 1]750
Este home foi o cura da parroquia dende 1740 ata 1769.
Un saúdo.
elixiovieites says:
Dec 3, 2017
Moitas grazas e moi agradecido pola aportación. Saúdos