Outra fotografía:

Tipo de ben: Mosteiro/Abadía/Cenobio/Priorado,
Concello: Sarria
Parroquia: Sarria (San Salvador, Santa Mariña, Nosa Señora do Rosario)
Lugar: Sarria
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval, Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

A orixe do Convento da Madalena data do ano 1200, cando dous relixiosos italianos da congregación da Penitencia dos Mártires de Cristo, que seguían a Regra de San Agostiño e viaxaban en peregrinación a Compostela, fundaron unha capela. Puxérona baixo o padroado de San Brais de Vilanova, advocación que despois mudou pola da Madalena. Os papas Xoán XXII e Clemente VII concederon indulxencias aos que axudasen ao mantemento do hospital.
Dos restos do primitivo edificio, erixido entre os séculos XIII e XIV, apenas quedan restos. O claustro, do século XVI, levántase ao norte. A igrexa, reconstruída no 1511, é dunha nave con ábsida poligonal. Do antigo templo consérvase a portada sur, de arquivoltas apuntadas, que amosa un relevo, entre outros, dunha barca de pesca ocupada por catro tripulantes, quizais en alusión á Translación do Apóstolo Santiago.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://onosopatrimonio.blogspot.com.es/2011/07/mosteiros-de-galiza.html
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/SARRIA/documents/0694CA002.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.7808389
Lonxitude: -7.4140766
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84