Outra fotografía:

Tipo de ben: Vivenda singular,
Concello: Vigo
Parroquia: Centro cidade
Lugar: Vigo - Rúa Camiños dos Pazos
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Trátase dunha das primeiras vivendas unifamiliares que realizou o arquitecto Francisco Castro Represas.
Construída en 1937, nela pódese apreciar o novo estilo que ía adoptando o arquitecto, nun estadio intermedio entre a arquitectura ecléctica e a racionalista. Cun esquema simétrico, os arcos sobre a entrada, as escalinatas, as pérgolas na entrada… eran mostras da arquitectura ecléctica, mentres que o tratamento de ocos e as franxas horizontais o vinculaban ao novo estilo racionalista.
Nela tamén destaca o excelente miradoiro central, que debido á topografía do terreo, proporcionaba unhas fabulosas vistas da ría de Vigo.
O proxecto posteriormente foi ampliado en obra en 1942 na súa parte posterior.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

BIBLIOGRAFÍA:
VARELA ALÉN, José Luis: “Arquitectura Racionalista en Vigo”

ENLACE WEB:
http://arquitecturavigo.blogspot.com.es/2007/06/edificio-as-torres.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Non
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

O seu estado actual resulta lamentable. Leva abandonada dende hai moitos anos e nos últimos 15 ardeu polo menos 5 veces.
No Plan do PXOM do 93 se proxectaba derrubala e construír no seu lugar dous edificios de 20 alturas, pero ao final as protestas dos veciños de Camelias (alegando que lles tapaban as vistas) desbarataron a operación.


Onde está localizado

Latitude: 42.229190639086504
Lonxitude: -8.731236755847931
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84