
Outra fotografía:

Tipo de ben: Industria,
Concello: Vigo
Parroquia: Centro cidade
Lugar: Rúa República Arxentina, 8
Outra denominación do ben: Talleres Ebro
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:
Edificio comercial de tres alturas situado entre medianeiras. Está dedicado á reparación e repostaxe de vehículos. Presenta unha fachada simétrica dividida en tres corpos verticais, dous laterais están caracterizados pola apertura de grandes ocos de acceso e iluminación e un central destinado a outros usos. Será precisamente este bloque o que concentre o maior interese dende o punto de vista arquitectónico pola disposición de tres ocos alintelados en cada nivel -ornamentados cunha contundente clave- sobre un parámetro almofadado.
Os emblemas decorativos tamén aparecen en forma de goteirón baixo o tramo central da cornixa, así como no enmarque dos corpos laterais, onde toman corpo a través de pináculos rematados en bola. Tamén en forma de moldura nos espazos traballados en cemento, un material que, ademais de constituír a estrutura do inmoble, aparece tamén na fachada para contrastar abertamente coa pedra, sempre nun primeiro plano dende a perspectiva xerárquica e do deseño.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
PXOM CONCELLO DE VIGO – Agosto 2021 (ficha IT.00.002 – páxina 127)
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/VIGO/documents/26620ca004.pdf (p. 2, ficha A_012)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.238502655895Lonxitude: -8.7181395292282
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84