Outra fotografía:
Tipo de ben: Vivenda singular,
Concello: Vigo
Parroquia: Centro cidade
Lugar: Rúa República Arxentina, 13
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:
Edificio de carácter residencial e tres alturas levantado entre medianeiras. O inmoble conta con dúas fachadas de tipoloxías claramente diferenciadas. A de maior altura divídese en tres corpos verticais, dous laterais en forma de pseudomiradoiros voados sobre a rúa que rematan nun frontón triangular coroado por un edículo retranqueado, e un corpo central no que ten cabida unha porta de aire balconada por nivel.
A outra fachada, que fai medianeira con esta, é asimétrica. O parámetro que alterna bandas horizontais empedradas con outras enfoscadas situadas no mesmo eixo das xanelas, aparece neste bloque vertical totalmente labrado en granito, ao igual que toda a planta baixa, dedicada a uso residencial.
Malia a elevada contención ornamental en todo o deseño, é preciso sinalar a presenza de elementos propios da tradición como acaixonamentos ou voluminosas cornixas molduradas.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/VIGO/documents/26620ca004.pdf (p. 3, ficha A_013)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.23854435729482Lonxitude: -8.71779352426529
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84