Outra fotografía:

Tipo de ben: Vía/Estrada/Camiño histórico,
Concello: Limia (comarca) / Sandiás
Parroquia: San Xoán de Piñeira de Arcos
Lugar: Zadagós
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Romana,
Descrición:

Miliario de Zadagós (Sandiás) da calzada romana Vía XVIII ou Vía Nova que ía de Braga á Astorga. Miliario (Milla LXXI) dedicado ó emperador Maximino e ó seu fillo Máximo (235-238 d.C.).


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta: GA32077ACH-1
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:

O miliario atopouse a finais do século XIX, ou quizais como apuntan outras fontes no ano 1920, preto de Zadagós. Partiuse en dous e empregouse como parte dun peche dun patio e unha palleira en Zadagós. O Concello de Sandiás, a finais dos anos 90, conseguiu a cesión polo seu propietario, recuperouno e instalouno nun lugar habilitado a poucos metros onde se atopara, tal e como se pode observar na fotografía.


Referencias bibliográficas:

Foto do estado do miliario de Zadagós antes da súa rehabilitación e a súa nova ubicación moi preto onde se atopou no seu momento.
O miliario de Zadagós, antes da súa rehabilitación e a nova ubicación moi preto onde se atopou no seu momento.

¨La Vía Nova en A Limia: sus restos, trazado, mensuración y procedimiento constructivo¨
VV.AA.
Boletín Auriense, Anexo 16. Ourense, 1992.

Miliarios e outras inscripcións viarias romanas do Noroeste Hispánico. (Conventos Bracarense, Lucense e Asturicense). Antonio Rodríguez Colmenero, Santiago Ferrer Sierra, Rubén D. Álvarez Asorey. Edita: Consello da Cultura Galega-Sección de Patrimonio Histórico-Grafic-Lugo SL, 2004.

Revista cultural e turística do concello de Sandiás ¨A Torre do Castro¨(Nº3, 2009).


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.1411561687
Lonxitude: -7.72368907928
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84