
Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Paradela
Parroquia: Ferreiros (Santa María)
Lugar: Mirallos
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:
A Igrexa de Santa María de Ferreiros, do século XII, aínda conserva a portada románica. Foi trasladada, pedra a pedra, desde o lugar de Ferreiros ao de Mirallos no ano 1790. Mirallos, situado a carón do Camiño Francés a Santiago, foi priorado da Encomenda de Portomarín e tivo un hospital para acoller aos peregrinos.
O templo, construído en cantaría, posúe nave lonxitudinal e cuberta a dúas aguas. Na fachada, sobre a portada románica, érguese unha modesta espadana barroca de dous vans. Ademais, diante da porta principal hai unha pía con diferentes símbolos.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://onosopatrimonio.blogspot.com.es/2011/07/mosteiros-de-galiza.html
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/PARADELA/documents/26076CA013.pdf (p. 7)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.4732485Lonxitude: -7.7910854
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Verónica says:
Set 13, 2022
Bo día, a ubicación marca a parroquia de Mirallos do concello da Peroxa, esa igrexa pertence ao concello de Paradela. Un saúdo!!