Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Pedrafita do Cebreiro
Parroquia: Fonfría (San Xoán)
Lugar: Fonfría
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

A Igrexa de San Xoán de Fonfría data do século XVI. Porén, sufriu varias reformas, sendo a máis importante no ano 1964. Consta dunha nave rectangular con muros de pedra, cuberta de lousa e espadana de tres vans. A sancristía atópase nun lateral da nave. No seu interior acolle un retablo con diversas tallas.

Atópase no Camiño Francés a Santiago de Compostela.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:

O pobo debe o seu nome a unha fonte que aínda existe, situada fronte da igrexa parroquial, que aliviaba a sede aos peregrinos. En tempos houbo aquí un hospital de peregrinos que dependían do convento do Sancti Spiritus de Melide, e que fornecía aos camiñantes de lume, auga, sal e cama con dúas mantas; aos doentes, ademais, con ovos, pan e manteiga.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/PEDRAFITADOCEBREIRO/documents/27308CA131.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.73050230213174
Lonxitude: -7.157678604125977
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84