Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Pereiro de Aguiar
Parroquia: Chaodarcas (Santa Ana)
Lugar: Chaodarcas de Arriba
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

O Cruceiro de Chaodarcas de Arriba data do século XIX. Érguese sobre unha plataforma de tres chanzos en perpiaño de granito e un baseamento cuadrangular, con arestas superiores biseladas. Enriba disponse o varal de sección cadrada con arestas biseladas, que remata en capitel rudo moi erosionado. Sobre este, cruz de sección tamén cadrada con arestas biseladas e carente de imaxes.

Está situado nunha chaira fronte á igrexa parroquial de Chaodarcas, entre esta e o cemiterio.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/PEREIRODEAGUIAR/documents/0478CA007.pdf (p. 6)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.3280018120052
Lonxitude: -7.74066478013992
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84