
Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Vigo
Parroquia: Lavadores (Santa Cristina)
Lugar: Rúa Santa Cristina
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:
Igrexa de estilo románico de comezos do século XIII, aínda que desgraciadamente perdeu gran parte dos seus elementos románicos. Lévase a cabo unha remodelación no último terzo do século XIX sobre o antigo edificio. De época románica quedan aínda uns poucos canzorros que podemos ver ao redor da igrexa por debaixo dos beirados do tellado. O edificio actual pertence á reconstrución á que foi sometida, inaugurada en 1882.
A pesar desta, esta igrexa presenta características propias da tradición barroca: planta lonxitudinal de nave única, cabeceira cadrada, muros con poucos vans, teitume da nave principal a dúas augas e a da cabeceira a catro augas, escasa ornamentación nos muros laterais, concentración da ornamentación na fachada, e o campanario acaroado nunha das esquinas da fachada.
Os muros son de considerable altura e conta cunha voluminosa cabeceira cuadrangular. Nos laterais norte e sur presenta xanelas e portas de remate neogotizante con vidreiras. Trátase de catro xanelas de distintas configuracións e tamaños.Os muros están caleados e deles sobresaen as xanelas e portas bordeados en pedra.
O acceso ao interior faise a través dunha tripla arcada de medio punto, que tapa por completo a visión da parede frontal, todo coroado con pináculos nas esquinas e un fornelo central cunha imaxe de Cristo. Este engadido foi obra do escultor Camilo Nogueira e nel reflicte un estilo monumental e clasicista, propio da súa etapa de posguerra.
O pórtico de entrada ten acaroado un cruceiro ensartado no muro, con basa de dobre chanzo, fuste circular, capitel e a imaxe do Cristo crucificado. Este cruceiro estaba antes no Calvario e foi trasladado para este adro en 1910.
A fachada atópase coroada pola imaxe de Santa Cristina enmarcada nunha fornela. Dentro da igrexa consérvase a figura dun león, a cal formaba parte dun sepulcro medieval.
A torre do campanario está no lateral dereito da fachada. O cubo da torre chega ata a altura do testeiro do tellado, ornamentado con columnas. Sobre el ábrese unha balconada de ferro dentro da que se ergue o campanario propiamente dito, cuadrangular, de menor volume ca a torre, ten ornamentación con columnas tamén nas esquinas e remata cunha cúpula rodeada de pináculos.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Avila y la Cueva fai constar que no exterior da parede norte existía un letreiro gravado coa inscrición “E.M.CC.XXXIX”, o que a sitúa no ano 1201. Esta inscrición xa non existe na actualidade.
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
ENLACE WEB
PXOM CONCELLO DE VIGO – Agosto 2021 (ficha AR.14.001 – páxina 64)
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/VIGO/documents/26620ca018.pdf (p. 1, ficha A_160)
http://xosecounhago.com/?cat=7
http://hoxe.vigo.org/movemonos/ig_lavadores.php?lang=gal
BIBLIOGRAFÍA
BANGO TORVISO, Isidro G.: “Arquitectura románica en Pontevedra”. Fundación Pedro Barrié de la Maza, A Coruña, 1979 (pp. 227-228)
TORRADO GÁNDARA, Lorena (2016). “El obispado de Tui en la Edad Media: sus iglesias románicas”. Tese de doutorado USC. (en liña)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.226584855437Lonxitude: -8.6970198154449
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84