Outra fotografía:

Tipo de ben: Vía/Estrada/Camiño histórico,
Concello: Limia (comarca) / Sandiás
Parroquia: Santa María de Couso
Lugar: Vilariño das Poldras
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Romana,
Descrición:

Grupo de tres miliarios de Vilariño das Poldras (Milla LXVII) pertencentes á calzada romana Vía XVIII ou Vía Nova (a vía con maior densidade de miliarios de todo o Imperio Romano, con preto de 300 localizados ata o momento) que ía de Bracara (Braga) a Asturica (Astorga), dúas das cidades mais populosas do noroeste de Hispania. O de maior tamaño dedicouselle ó emperador Maximino e ó seu fillo Máximo (235-238 d.C.).


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta: GA32077REF-8
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:

Os tres miliarios atoparónse no ano 1995. O miliario de maior tamaño pasa por ser un dos exemplares que mellor se conservan ó longo de toda a vía. Grazas ó interese dos veciños de Vilariño das Poldras e do Concello de Sandiás podemos observar este grupo de miliarios nun lugar especialmente habilitado moi preto do lugar onde se atoparon.


Referencias bibliográficas:

Foto dos miliarios de Vilariño das Poldras (Xullo 2000)
Miliarios de Vilariño das Poldras (Sandiás - Ourense) - 20 de xullo de 2000
Foto da rehabilitación da contorna dos miliarios de Vilariño das Poldras (Ano2005).
Ano 2005: Rehabilitación da contorna dos miliarios de Vilariño das Poldras (Sandiás - Ourense).

¨La Vía Nova en A Limia: sus restos, trazado, mensuración y procedimiento constructivo¨
VV.AA.
Boletín Auriense, Anexo 16. Ourense, 1992.

Miliarios e outras inscripcións viarias romanas do Noroeste Hispánico. (Conventos Bracarense, Lucense e Asturicense). Antonio Rodríguez Colmenero, Santiago Ferrer Sierra, Rubén D. Álvarez Asorey. Edita: Consello da Cultura Galega-Sección de Patrimonio Histórico-Grafic-Lugo SL, 2004.

Revista cultural e turística do concello de Sandiás ¨A Torre do Castro¨(Nº3, 2009).


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.0908463378
Lonxitude: -7.77104616165
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84