
Outra fotografía:
Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Mazaricos
Parroquia: Coiro (Santa María)
Lugar: Recarea
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:
O castro está nun outeiro a media ladeira e componse de dous recintos concéntricos e aterrazados, cada un coa súa muralla. Pola cara sur refórzase a defensa con un terraplén. Foi escavado no ano 1984 por Josefa Rey Castiñeira e apareceron restos de vivendas circulares e abundante cerámica. A escavación tivo lugar no recinto superior e nunha superficie de 54 m². Segundo os traballos parece que o castro non foi romanizado e o seu maior desenvolvemento coincide coa plenitude da Idade de Ferro . No que se refire aos materiais cerámicos ten moitos paralelismos co castro de Borneiro. Na segunda foto, as imaxes do voo americano do 1956 e o mapa de pendentes Lidar 2010.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Agrícola
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Josefa Rey Castiñeira .Yacimientos castreños de la vertiente Atlántica. Análisis de la cerámica indígena. USC, 1991.(pax. 112 a 127)
http://www.academia.edu/2005686/Yacimientos_castrenos_de_la_Vertiente_Atlantica_analisis_de_la_ceramica_indigena
Jorge Juan Eiroa. La cultura castreña del noroeste de la península ibérica. 1988. Universidad de Murcia.
http://dialnet.unirioja.es/servlet/busquedadoc?t=+la+cultura+castre%C3%B1a+del+noroeste+de+la+peninsula+ib%C3%A9rica&db=1&td=todo
(pax. 115)
O castro no pxom do concello de Mazaricos de 1995
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/MAZARICOS/documents/0213CA003.pdf
(pax 15 de 21)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.86678014082674Lonxitude: -9.051189422607422
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84




620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!





1 comentario
elixiovieites says:
Feb 4, 2013
O traballo de Josefa Rey Castiñeira podédelo ler
aquí