
Outra fotografía:

Tipo de ben: Mosteiro/Abadía/Cenobio/Priorado,
Concello: Montederramo
Parroquia: Montederramo
Lugar: Montederramo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:
Císter. No momento da desamortización de Mendizábal, o mosteiro era dono do 9% dos bens totais da provincia de Ourense, bens que foron vendidos en poxa pública. Mais foi un comerciante de Ourense, Manuel Palao, quen mercou o edificio monástico, a igrexa e demais dependencias por 510.000 reás. O abandono propiciou o seu saqueo, perdéndose retábulos, documentación, libros, imaxes e mesmo as pedras do propio edificio. As campás da igrexa tanxen dende aquelas na igrexa de San Domingos de Ourense. A orixe data do ano 1144, cando Tareixa, muller de Afonso VII, fai unha doazón ao abade Arnaldo para a creación dun mosteiro na Roboyra Sacrata. Nun primeiro momento os monxes instálanse en Seoane Vello, pasando anos máis tarde á capital municipal. Nos primeiros anos dependen de Cluny e, a partir do 1163, ao Císter. No 1518 únese á Congregación do Císter de Castela o que conleva a reconstrución do edificio e da igrexa, obras que se prolongan ata comezos do século XVIII. De comezos do s. XVI consérvase o Claustro das Procesións, unido ao templo, de planta cadrada que mestura elementos góticos e renacentistas, con arcadas de medio punto decoradas con combinacións góticas na parte inferior, e xambas de dúas faixas no superior. O Claustro da Hospedaría, posterior, é renacentista. A igrexa é de planta de cruz latina, de tres naves en cinco tramos, cruceiro de dous tramos e presbiterio rectangular que respectaría a estrutura da vella igrexa medieval. A tipoloxía ten unha raíz postherreriana con supresión de ornamento na fachada, cun único corpo con piastras que soportan un frontón triangular de inspiración escurialense.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://onosopatrimonio.blogspot.com.es/2011/07/mosteiros-de-galiza.html
Resolución de 14 de maio de 1991 (DOG do 15 de xullo) pola que se ordena a publicación das normas complementarias e subsidiarias de planeamento das provincias de A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra. (páx. 6.575)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.275924Lonxitude: -7.5027285
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
2 comentarios
Oscar Franco says:
Xan 11, 2017
http://historiadegalicia.gal/2017/01/inmobiliarias-venden-parte-dun-dos-grandes-mosteiros-de-galicia/
Oscar Franco says:
Ago 10, 2017
A Xunta presenta o Plan director do Mosteiro de Montederramo. A nova é do 31 de xullo de 2017:
https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/23402/xunta-presenta-plan-director-mosteiro-montederramo