Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Coristanco
Parroquia: San Martiño de Oca
Lugar: Oca
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

A igrexa de San Martiño de Oca está enmarcada por un contorno eminentemente rural. Estamos ante unha igrexa dunha única nave, construída a base muros de carga de cantería de pedra. A nave ten unha solución de cubrición a base de bóveda de canón, que sofre estreitamento na parte do presbiterio, con forma rectangular.
Exteriormente a cuberta é a dúas augas con cubrición de tella curva do país. Posúe cornixa ó longo de todo o seu perímetro. o pavimento está realizado en pedra e entaboado, mentres que os revestimentos leváronse a cabo a través dun revocado. Na fachada principal sobre un eixo imaxinario central, que discorre dende a base ata o vértice do campanario, superponse os principais elementos: Porta principal e sobre esta unha fornela para a imaxe do patrón da parroquia, un óculo circular de luz e a torre campanario, de base cadrada con catro arcos de medio punto sobre machóns onde van situadas as campás e no último treito unha cúpula octogonal coroada por un acroterio con bóla. Nesta igrexa hai que destacar, na súa estrutrura vertical, toda unha serie de columnas que hai apegadas ós muros e na súa estructura horizontal, o forxado do coro e a bóveda de canón.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

-SORALUCE BLOND, J.R.; FERNANDEZ FERNANDEZ, X.: “Arquitecturas da provincia da Coruña, Cabana, Carballo, Coristanco, Laracha, Laxe, Malpica e Ponteceso”. Vol. V, Deputación Provincial da Coruña, 1998.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.20002200773917
Lonxitude: -8.729179501533508
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84