
Outra fotografía:

Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo, dolmen, pedrafita...), Necrópole,
Concello: Lugo
Parroquia: Coeses
Lugar: Coeses
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Bronce, Idade do Ferro,
Descrición:
No ano 2011, durante os traballos na autostrada A-54, Lugo-Santiago, a uns 200 metros do castro Valente, saíu á luz un xacemento, en principio de época indeterminada pero posiblemente precastrexo. Trátase dunha especie de túmulo duns 60 metros de diámetro con foxo arredor, muros interiores e exteriores (que os arqueólogos denominan como anel lítico pseudotumular), aliñacións de pedras e no interior do recinto unhas estruturas escavadas no chan de diferente tipoloxía e dimensións, como sucos e foxas. Polo de agora apareceron unha conta de colar de pasta vítrea de procedencia púnica, discos perforados e vasillas cerámicas, tanto completas como fragmentadas, que conteñen o que poden ser cinzas que poderían pertencer a restos de cadáveres incinerados, ben formando parte dunha necrópole ou que se trate dun lugar votivo onde se practicaría algún tipo de ritual. O xácigo atópase moi arrasado xa que a zona foi utilizada para labores agrícolas. Aínda que que en princpio todo apunta a un xácigo da Idade do Bronce, polo de pronto non se pode desbotar una adscrición á primieira fase da Idade do Ferro e que fora utilizado como cemiterio polos habitantes do castro que se atopa nas inmediacións e que xa provocara unha primeira modificación do trazado da autostrada. Este tipo de túmulo atopámolo na Gran Bretaña e Irlanda, os denominados “barrows”, como os de Cornualles e Belas Knap onde, ademais de diverso material, atopáronse ósos humanos o que fai pensar nun espazo votivo.
Este achádego ten moita semellanza cunha estrutura descuberta no ano 2008 na parroquia de Reinante, concello de Barreiros, coñecido como A Roda e que presenta unha forma circular duns trinta metros de diámetro, con foxo e muro de pedra e que achegou anacos cerámicos, instrumentos líticos e unha moeda portuguesa do século XV. O xacemento corre un grave perigo xa que o Ministerio de Fomento anunciou, a principios do mes de febreiro de 2013, a súa intención de non variar o trazado da autostrada.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://asombradebouzapanda.wordpress.com/2013/02/07/fomento-quere-destruir-un-posible-tumulo-inedito-en-galicia/
http://www.manuelgago.org/blog/index.php/2013/02/07/as-obras-da-autovia-santiago-lugo-desvelan-unha-singular-estrutura-arqueoloxica/comment-page-1/
http://www.culturagalega.org/noticia.php?id=22195
http://onosopatrimonio.blogspot.com.es/2011/07/ultimas-achegas.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: NonEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Segundo anunciou o Ministerio de Fomento a principios do mes de febreiro de 2013, o xacemento non vai a ser respectado, anuncio que se produciu sen ter en conta o preceptivo informe de Patrimonio.
Onde está localizado
Latitude: 42.9583069951Lonxitude: -7.53842353821
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
Se estiveches nel, valora o estado deste Ben Cultural (é importante):






Últimos comentarios