
Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Ourense
Parroquia: Ourense
Lugar: O Polvorín
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Na cidade de Ourense consérvasen interesantes exemplares de cruceiros de diferentes épocas; así un dos máis antigos decora a pequena Praza do Cruceiro, nos inicios da baixada ao camiño dos “Ponxos” no barrio do Polvorín.
Trátase de unha obra de gran valor, de corte renacentista con esculturas góticas, ó que Castelao dedica un debuxo na súa obra “As cruces de Pedra na Galiza”.
Aséntase sobre unhas gradas de tres chanzos renovadas recentemente, sobre esta, base redondeada, na que se asenta un varal de sección cadrada con arestas biseladas, moi redondeado e nada uniforme, carente de capitel.
Na cima a cruz que é a que ten máis valor, polas imaxes góticas do Cristo crucificado no anverso e a da Virxe co neno no reverso. A cruz moi decorada nos remates.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Castelao – “As cruces de Pedra na Galiza”
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.327575473573745Lonxitude: -7.869121134281158
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!




