Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: O Vicedo
Parroquia: O Vicedo
Lugar: O Vicedo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Situado fronte á entrada principal do cemiterio do Vicedo. Cruceiro moderno de cantaría asentado sobre unha basa cúbica coas arestas rebaixadas e dúas grades cuadrangulares, pertencentes a un cruceiro anterior que había nas inmediacións, e que hoxe se ergue no adro da igrexa de San Estevo. O fuste ten forma troncopiramidal invertida. No anverso da cruz, sobre o capitel, figura Cristo crucificado e na cabeceira figura insculpida a inscrición INRI. No reverso presenta a imaxe da Virxe coas mans en posición orante, colocada sobre unha peana de cabeza alada de anxo; sentados sobre os brazos da cruz aparecen dous querubíns alados en acción de lle cinguir unha coroa.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://patrimoniodovicedo.blogspot.com.es/2011/06/cruces-do-concello-do-vicedo.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.73702813349987
Lonxitude: -7.658114433288574
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84